O Concello de Tui conmemorará este domingo 24 de Xuño o CXXI aniversario dos Xogos Florais de Galicia
Un recital poético que contará coas voces e os versos de Manuel Forcadela e Marta Dacosta
A concellería de Cultura do Concello de Tui conmemorará esta fin de semana o CXXI aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcan un singular fito na historia de Galicia, ao seren o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario