23 de maio de 2012

GALICIA

O BNG apoia a actuación da Fiscalía na fraude das preferentes: "Non se poden ir de rositas"



TELEBNG
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, valorou hoxe como "positivo" o anuncio da Fiscalía de inicio dunha actuación pola fraude das participacións preferentes "pois o que non pode ser é que os responsábeis deste desastre financeiro se vaian de rositas".

Guillerme fixo estas declaracións esta mañá en Lugo antes de participar nun acto de presentación da proposta do BNG de crear unha Banca Pública Galega, unha reunión na que participaron destacados representantes da vida económica e social da cidade e no que, entre outros interviñeron Guillerme, o profesor de Economía Aplicada da USC, Bernardo Valdês, e o tenente de alcalde de Lugo, o nacionalista Antón Bao.

Ningún comentario:

Publicar un comentario