23 de maio de 2012

GALICIA

Guillerme sobre as declaracións de Esperanza Aguirre: "Son dun españolismo rancio e caduco"

.

TELEBNG

O portavoz nacional do BNG dixo que "non deixan de ser a expresión do máis rancio españolismo, dese españolismo de caspa e pandeireta". 

"Alguén dicía hoxe que declaracións como as de Esperanza Aguirre son unha maneira de facer independentistas no Estado español. Igual é o que pretende". 

Guillerme lembrou que "non é a primeira vez que esta señora fai declaracións deste tenor e Esperanza Aguirre representa esa españolidade rancia que hoxe debería ter desaparecido"

Ningún comentario:

Publicar un comentario