FESTAS DE SAN XOSÉ OBREIRO, EN NOVÁS
Infogauda / O Rosal
Os días 30 de abril e 1 de maio celebraranse en Novás, as Festas na honra de San Xosé Obreiro.
O luns 30, verbena a cargo das orquestras Jerusalén e La Bámbola.
O martes día 1º de maio, ás 11:30 horas, baixada do santo en procesión, acompañada da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 unha misa de campaña na honra de San José, cantada pola coral Ecos do Folón.
A partires das 17:00 horas, actuación do Grupo de Pandereteiras Orballo, da Agrupación Musical do Rosal.
Deseguido actuará o Grupo de Acordeóns J. V. Armónica, con Jaime Vilas.
Unha das actuacións máis agardadas e o chou de Roberto Fernández Rodríguez "Campelo" que nos dirá os motivos polos que a crise tamén chegou a Novás.
Como de costume tamén haberá a tradicional subasta de produtos típicos.
O grupo Deixandar, achegaranos música de raíz galega
O grupo Deixandar - música tradicional galega con arranxos de seu -, formado por Xosé Manuel González Peniza, J. M. González (Ne), Afonso Castro, Xosé Luis Iglesias Vicente, Luis Acevedo, Rafa Alonso, Fran Vergara e Rafa Rivero; porá remate a estes festexos.
A comisión de festas informa que o recinto estará cuberto por unha grande carpa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario