VERTEDOIRO INCONTROLADO
Grupo Municipal de Converxencia Galega / A Guarda
Nos arredores da antiga Escola de A Pasaxe, podemos atopar de todo tipo
de material, restos de redes, cartóns, madeiras, caixas, e restos dalgunhas
embarcacións que alí se atopa, según comentarios dos que por alí circulan,
dende fai bastante tempo, sen que dende o Concello, especialmente por parte do
Concelleiro liberado para controlar estas situacións se tome ningunha medida,
namentras a situación de abandono de materiais diversos naquel lugar vai
incrementando o séu volumen.
E incomprensible, que no afán recaudador do Concello se pretenda que algunhas empresas paguen por servicios que non reciben e logo non se manteña estes paraxes en condicións decentes.
Por certo, as instalacións da escola que están cedidas en PRECARIO a unha asociación, que non fai moito tempo pregonaba que ían a arranxarlla e pintala con cartos e persoal municipal, presenta unhas condicións similares a área que a rodea, xa que as herbas entrando pola porta ou crecendo nas esquinas das ventanas, demostran que non está tendo ningún tipo de uso.
Vimos a esixirlle ao Concello que obrigue a
asociación a que manteña as instalacións en estado decente, e senón que
revirtan e se poidan por a disposición de calquer outra asociación que as
precisas, pero que faga un bó uso das mesmas, e que non sigan deteriorándose
como acontece nestes momentos.
Seguimos insistindo, que vale máis unha
imaxe que mil palabras, e aquí presentamos outra situación máis en que a
deixadez e abandono das súas responsabilidades por parte do Equipo de Goberno,
está facendo que por un lado aparezca un vertedoiro incontrolado e polo outro,
o mal uso dunhas instalacións municipais, postas nas máns dúns “amiguetes” sen
que as mesmas non teñan ningunha utilidade colectiva….Así nos vai.
(R)
Ningún comentario:
Publicar un comentario