
Elaborarán produtos de artesanía, complementos, material decorativo, funcional e doutro tipo e destinarán parte das súas ganancias a Ong`s
Co obxectivo de difundir entre os xóvenes a cultura emprendedora, a Deputación Provincial, coa colaboración da Consellería de Educación e do Ministerio de Industria, puxeron en marcha un programa educativo experimental entre o alumnado de primaria de sete colexios da provincia.O programa, EME – COOPERANOVA, ten como finalidade contribuír á creación de cooperativas escolares, que mediante os principios de traballo en equipo, elaboren e comercien produtos.
Os 125 integrantes das oito cooperativas creadas nos CEIPs dos colexios de Tui, A Guarda (As Solanas), Vigo (Paraixal), Ribadumia (Julia Becerra Malvar) e Pontevedra (Príncipe Felipe) xa constituiron as súas cooperativas e hoxe participaron en Pontevedra no acto de posta en marcha da iniciativa que contou coa presenza do conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o director xeral de Educación, FP e Innovación, José Luis Mira Lema, e o delegado territorial da Xunta, Cores Tourís.
| COMARCA | CONCELLO | CENTRO EDUCATIVO | Nº ALUMNADO PARTICIPANTE | NOME DA COOPERATIVA | |
| O BAIXO MIÑO | TUI | CEIP Plurilingüe Nº 1 | 24 (6º primaria) | PEQUENOS EMPRENDEDORES | |
| CEIP Nº2 | 22 (6º primaria) | CARRO CHIMICHANGA | |||
| VIGO | VIGO | CEIP Paraixal | 13 (5º primaria) | COOPERATIVA ALUMNOS PARAIXAL | |
| CEIP Paraixal | 10 (6º primaria) | NEW HOME ARTS | |||
| BAIXO MIÑO | A GUARDA | CEIP As Solanas | 16 (5º y 6º primaria) | SOLANAZO | |
| O SALNÉS | RIBADUMIA | CPI Julia Becerra Malvar | 13 (5º curso) | LITTLE PLANET | |
| PONTEVEDRA | PONTEVEDRA | CEE Príncipe Felipe | 12 (Educación Especial) | PONQUINCALLA | |
| PONTEVEDRA | CEIP PrincipeFelipe | 15 (4º primaria) | RONSEL |
Os presidentes das cooperativas escolares son os estudantes Paula García e Sofía Dagá (Tui), Lucia Bamba e Sara Barbosa (colexio Paraixal de Vigo), Raquel Vicente (A Guarda), Eloy Ferreiro (Julia Malvar de Ribadumia), KevinCaiño e Cristian Rubio (Príncipe Felipe).
Os alumnos celebraron asemblea constituinte, elixiron democraticamente os postos da xunta directiva, (presidente/a, secretario/a e tesoreiro/a), e organizaron os demais membros por distintos departamentos (mercadotecnia, calidade do produto, imaxe da cooperativa, relacións públicas…etc), tal e como estaba previsto no cronograma do proxecto.
Os alumnos participantes no proxecto, aportaron o capital inicial e incorporaron nos seus estatutos a cláusula de responsabilidade social onde indican, que parte dos seu beneficios iran destinados a unha organización con fins sociais.
Na maior parte dos casos, as cooperativas creadas nos colexios producirán artigos de artesanía, complementos, material decorativo e funcional, etc. que elaborarán en talleres nos centros escolares e que comercializarán perante o mes de maio en distintos puntos das respectivas comarcas.
Para facer un seguimento pormenorizado do proxecto “Emprender en mi escuela - EMECOOPERANOVApódese consultar a seguinte dirección electrónica http://emecooperanova.wordpress.com/2012/02/27/noticia/
Ningún comentario:
Publicar un comentario