A DEPUTACIÓN INICIA HOXE A INSTALACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NO NÚCLEO DE HOSPITAL, NO CONCELLO DE TOMIÑO
A Deputación de Pontevedra inicia este martes, 20 de marzo, a obra de instalación da rede de saneamento no núcleo do Hospital, en Tomiño.
O traballo, que foi adxudicado á empresa Pérez Portela SL, tén un presuposto de 102.222 euros e as previsións son que estea rematado no prazo de dous meses.
No lugar de Hospital - situado na estrada que sale de Tomiño hacia Gondomar - serán instaladas arquetas, tuberías, redes de saneamento e reposicións, nunha distancia aproximada dun kilómetro, para dar servizo a unha urbanización de chalets e de casas antigas que carecían del.
A obra é unha das concedidas pola Deputación ó Concello de Tomiño dentro do Plan de Investimentos (PID) da institución provincial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario