
A CONFEDERACION INTERSÍNDICAL GALEGA, ( C.I.G), do Baixo Miño informa que este martes dia 20.03.2012, a partir das 20.00 horas no sala principal do Centro Cultural de A Guarda vaise celebrar unha asamblea para os cidadáns da comarca do Baixo Miño, onde se vai explicar o contido da reforma laboral, pola cal a CIG convocou a folga xeral para o vindeiro dia 29.03.2012.
Nesta reforma a aplicar atenta claramente contra os intereses da clase traballadora, abaratando o despido, sen ter que demostrar nada , tan só con alegar disminucións de ingresos, reducindo salarios e empeorando as condicións de traballo.
Esta reforma precariza mais aínda as contratacións dos nosos mozqas e mozos ate a edade de 33 anos , abonando 480 €uros/mes, a negociación individual co traballador/a para modificación do convenio a aplicar etc. etc……
A maiores destes puntos da reforma existen outros moitos que precarizan aínda mais as condicións de traballo, e polo que a CIG, quere por en coñecimento da cidadanía todo io contido da mesma.
Esta charla vai ser impartida por SILVIA BERMUDEZ e MARIANO MARTINEZ, ámbolos dous traballadores da CIG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario