O BNG presenta unha moción sobre o Ferry A Guarda-Caminha

Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no rexistro do concello unha moción de apoio ao servizo de ferry entre A Guarda e Caminha.
O BNG considera que o servizo de ferry entre A Guarda e Caminha non pode estar constantemente pendente dun fío con solucións parciais. Cumpre que as administracións públicas adquiran un compromiso firme en atopar unhasolución definitiva para manter o servizo do ferry e facéndoo compatíbel con outras actividades do río, especialmente a dos pescadores.
O BNG sempre se mantivo como obxectivo prioritario atopar unha solución final, considerando que hai que abordar o río como unha cuestión integral coas diferentes actividades que nel se realizan. Non so hai que tratar o dragado, hai que examinar a conveniencia e posibilidade de utilizar un novo tipo de embarcación que sexa menos agresiva co medio e máis barata no seu mantemento.
“O Goberno central do PP debe implicarse e implicar a outras administracións como a Xunta, o goberno portugués, a Unión europea e entes como o Eixo Atlántico... dado o carácter internacional que ten esta comunicación fluvial”comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
Dende o BNG lembran que esta situación levou hai 2 anos, en marzo do 2010, a presentar unha moción, nos mesmos termos, onde se solicitaba o compromiso firme e público do Goberno central, daquela en mans do PSOE. Esta moción foi rexeitada polo actual alcalde da Guarda e o seu grupo de goberno. O resultado, é que dous anos despois estamos practicamente na mesma situación, non hai un proxecto defitivo que asegure a continuidade do ferry e que satisfaga as necesidades dos pescadores do río.
Ningún comentario:
Publicar un comentario