O soporte - entre as dúas baixantes de augas pluviais - sen o espello
Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,
E X P O N:
Que co rexistro de entrada nº 1022 do 27 de febreiro do 2012, presentamos un escrito no Concello, diante da problemática que estaba acontecendo na intercesión dos rúas Puerto Rico e Manuel Rodríguez Sinde, donde gracias ao espello alí existente, habían disminuído os percances de tráfico, dada a pouca visibilidade que ofrece a zona e que obrigaba a que os coches tiveran que invadir a estrada para poder ollar si viñan vehículos.
Sorpresivamente, (bueno, non tanto) xa que a chulería e prepotencia é un selo dos que mandan no Concello e dirixen o Grupo Municipal do PSOE, recibimos como desposta que tomaban conta do acontecido e “cando puderan” xa procederían a instalar un novo.
De urxencia na reposición nín unha palabra, e así vai pasando o tempo, e para que os veciños non digan nada (bueno, si dín, pero de asuntos da familia dos que mandan) cando pasan por alí ou queren incorporarse a estrada principal.
De momento o persoal municipal non ten orden de repoñelo espello, e como o Plato-base daba moito canto, “solución progresista” eliminar todo e deixar soio a base.
Aquí queda a testimuña do arranxo do espello na rúa Puerto Rico, esperemos que o mirar para a base, ningún veciño sufra un percance de tráfico.
Si acontece un problema neste punto, tanto o Alcalde como o Concelleiro de Tráfico serán os responsables desta manifestación de deixadez e abandono das responsabilidades públicas que teñen, e se non hubera (que si hai) un espello no Deposito Municipal, -ainda que sone a desvestir un santo para vestir outro- hai algúns lugares donde están instalados espellos –varios cerca da casa e/ou garaxe dalgún concelleiro- que se podería instalar urxentemente neste cruce entre a rúa Puerto Rico e Manuel Rodríguez Sinde
A Guarda, a 14 de Marzo do 2.012
Beatriz Estévez Álvarez
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario