
Quen abaixo suscribe, Beatriz Estévez Álvarez, portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,
E X P O N:
Que tras manter unha xuntanza co representante de INFOMIÑO, sobre as actividades desenrroladas dende a súa aparición e a súa incidencia no eido da información a nivel local e da bisbarra do Baixo Miño, e considerando que o contido do seu escrito presentado no Concello en data do 08/02/2.012 co R/E nº 647
Que considerando que tanto esa como as outras páxinas (INFOGAUDA e GALICIASUROESTE) cumplen unha ampla laboura informativa tanto para facer chegar os veciños residentes na localidade como no exterior así como tamén a todos aqueles que nos visitan poidan conocer case no momento os diversos acontecementos que se dan no nos lugar, con maior premura que os xornáis escritos.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o seu debate e aprobación se procede a seguinte MOCION,
a).- Que se proceda a incluir unha partida dentro das áreas de turismo ou cultura, a fin de reflexar nos presupostos municipais adicados a estes medios de información dixital local, e desta maneira apoiar o esforzó dedicación que fan dando a coñecer o acontecer diario do noso pobo e bisbarra.
A Guarda, a 03 de marzo do 2.012
Beatriz Estévez Álvarez
Sr. Alcalde - Presidente do Concello de A Guarda
Rexistro de entradas nº 1.130, de 02 de marzo de 2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario