COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL
1.- Participarán 97 clubes dende 3ª Autonómica ata 3ª División: 45 da zona de Pontevedra e 52 da de Vigo. A cuantía destinada para orgaizar este evento deportivo é de 100.000 euros (en realidade 80.000).
2.- Os 20 clubes da zona norte da provincia que xoganna Liga de Santiago (Callobre, Estudiantil, Lamela, etc.) disputarán eliminatorias entre eles e os dous finalistas incorporaránse ó cadro xeral en Octavos de Final.
3.- Haberá un sorteo puro. E as eliminatorias xogaránse no campo de equipo de menor categoría perante a semana. A intención é iniciar de inmediato a disputa destas eliminatorias.
4.- Haberá seis tandas de partidos:
· 1ª eliminatoria: 33 partidos que se abonan a 300 euros (200 o gañador e 100 o perdedor). Total 9.900 euros
· 2ª eliminatoria: 32 partidos abonados a 500 euros (300 para o gañador, 200 para o perdedor). Total 16.000 euros.
· 3ª eliminatoria: 16 partidos por 700 euros (400 para o gañador, 300 para o perdedor). Total 11.200 euros.
· 4ª eliminatoria: 8 partidos por 1.300 euros (700 para o gañador, 600 para o perdedor). Total 10.400 euros
· 5ª eliminatoria: 4 partidos por 1.500 euros (800 para o gañador e 700 para o perdedor). Total 6.000 euros
· 6ª eliminatoria: 2 partidos por 1.800 euros (1.000 para o gañador e 800 para o perdedor). Total 3.600 euros
· Final: un partido, con 9.000 euros (5.000 para o gañador e 4.000 para o segundo).
5.- Finalidades da iniciativa:
· Vimos celebrando esta Copa dende fai catro anos.
· Queremos axudar ós clubes
· Apoiar a laboura dos seus esforzados directivos
· Contribuir a asegurar a súa financiación básica
· Fomentar o deporte base e dar novos alicientes a deportistas, aficionados e clubes.
· Cohesionar a provincia e a relación entre os deportistas

Ningún comentario:
Publicar un comentario