
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte pregunta:
En Camposancos, Barrio da Pasaxe estánse realizando obras nos arredores das docas, e non existe cartel explicativo das obras.
Quixeramos saber cal é a razón de non facer o arranxo da rampla de fondeo e varado das embarcación da doca do medio.
Lembrámoslles que a rampla mais cerca dos asteleiros e caótica e inoperante.
Dende Esquerda Unida solicitamos:
Colocación do cartel informando: empresa realiza as obras, nº de licenza, inversión ou orzamento das obras que se están realizando.
Asdo.: José Antonio González Morais
Ningún comentario:
Publicar un comentario