9 de feb. de 2012

PONTEVEDRA


Rafael Louzán subliñou o compromiso da Administración provincial coas persoas que precisan atención especializada

A DEPUTACIÓN DESTINOU MÁIS DE 4 MILLÓNS DE EUROS A AXUDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

· Máis de 500 asociacións recibiron o apoio económico da Administración provincial

· Reservaranse prazas para persoas con discapacidade para o persoal das Pousadas do Salnés

A Deputación provincial de Pontevedra destinou nos últimos catro anos máis de 4,3 millóns de euros a axudas e subvencións a máis de 500 entidades de iniciativa social de toda a provincia, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida daquelas persoas que precisan de atención especializada.

Así o puxo de manifesto o presidente da administración provincial, Rafael Louzán, nunha xuntanza con representantes de asociacións dedicadas á prestación de servizos sociais especializados, á que tamén asistiron as deputadas Ana Isabel Vázquez e Marta Iglesias e na que recolleron as inquedanzas e suxestións dos responsables de entidades e colectivos que traballan día a día con persoas con especiais dificultades.

Rafael Louzán fixo un chamamento a “unir esforzos” e á colaboración entre as entidades que se dedican a temas “practicamente idénticos” co obxecto de sacar o máximo proveito aos recursos, especialmente en momentos de crise coma o actual.

O presidente da Deputación confirmoulles a intención do organismo provincial de seguir mantendo estas liñas de axuda porque “é prioritario manter o nivel de apoio a estes colectivos”.

Louzán incidiu en que o compromiso da Deputación con estes colectivos se percibe tamén en iniciativas como Pousadas do Salnés, coa que o Organismo provincial pretende ofrecer unha alternativa de ocio única en Galicia e en España ás persoas con problemas de mobilidade, e na que tamén está previsto que, á hora da contratación do persoal, se reserven prazas para persoas con discapacidade ou colectivos especialmente vulnerables. É unha aposta pola integración laboral destas persoas, que tamén se fará no Plan de emprego da Deputación. Louzán recalcou que estas persoas “poden achegar a mesma eficacia que calquera outro traballador”.

AXUDAS

Ademais, a Deputación provincial mantén abertas 3 liñas de axuda (subvencións, convenios de colaboración e axudas para equipamento e dotación de servizos) ás que cada ano se acollen máis dun cento de entidades, con milleiros de beneficiarios en toda a provincia.

Só no capítulo de subvencións, foron 469 as entidades beneficiarias nos últimos catro anos, cunha achega global de 1.745.102 euros, que permitiu atender a máis de 10.000 persoas.

En 2011 foron 108 as entidades que recibiron estas axudas, que lles permitiron desenvolver proxectos de apoio a coidadores de persoas dependentes, traballar na integración social e laboral de persoas con diferentes discapacidades ou problemas e desenvolver programas de tratamento ou terapias para distinto tipo de doenzas ou discapacidades, entre outras actividades.

CONVENIOS

Outra das vías que a Deputación provincial ten aberta é a dos convenios de colaboración, que en 2011 contaron cunha achega de 485.000 euros destinados a proxectos de estimulación da linguaxe para nenos e mozos con discapacidade intelectual, á promoción da vida independente, á prevención da violencia de xénero, á atención domiciliaria de enfermos de cancro en fase terminal e ao tratamento de adicións, entre outras. Nos últimos 4 anos o investimento da Deputación Provincial en apoio ás entidades de iniciativa social por medio de convenios de colaboración superou os 1.556.268 euros, por medio de acordos con 90 entidades.

A estas liñas de axuda hai que sumar as subvencións concedidas a 88 entidades para investimentos na mellora, adaptación, reforma ou acondicionamento de locais e para a dotación de servizos, que nos últimos 4 anos ascendeu a 795.000 euros; e o programa posto en marcha en 2009 e 2010 para que as asociacións puidesen adquirir vehículos adaptados e que supuxo un investimento de 219.268 euros.

ASOCIACIÓNS BENEFICIARIAS

Algunhas das asociacións que subscribiron convenios:

Asociación Española Contra el Cáncer, Cruz Roja Provincial, Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia, Asociación “Agaja”, Hogar Santa Isabel, Cáritas Interparroquial de Villagarcía, Asociación Síndrome de Down de Vigo y Pontevedra, Asociación de Familiares de Enfermos de Anemia de Fanconi, Red de Mujeres Contra el Maltrato de Vigo, Hospitalidad Nuestra Señora de Lourdes, Asociación Anhida de Niños Hiperactivos, Asociación Alborada, Asociación Alento, Médicos para el Mundo, Asociación de Ayuda a la Vida, Asociación Vida Digna, Asociación Asvidal, Asociación Doa, Fase de Encuentro, Hoy por Mañana, Banco de Alimentos, Fundación Magar, Fundación Integra, Asociación Aida de ayuda al Pueblo Africano, Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Vigo, Asociación Esperanza do Salnés, Asociación Apacaf, Fundación Las Samaritanas, Asociación Balms para la Infancia, Asociación Avidev, Casa de Acogida para Mujeres Maltratadas de Vigo, Casa de Acogida y Piso Tutelado para Mujeres Maltratadas de Cáritas-Pontevedra, etc.

Algunhas das asociacións que recibiron axuda para vehículos adaptados:

Asociación de Autismo de Vigo, Asociación “Aspanaex” de discapacidade intelectual, Asociación “Apamp” de familiares de persoas con parálise cerebral, Asociación de familiares de enfermos psíquicos “Alba”, Asociación “Alborada” de loita contra a droga, Asociación “Afapo” de familiares de enfermos de Alzheimer de Pontevedra, Asociación Casa-Familia Laura Vicuña, Asociación “Afasal” de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Salnés, Asociación “Lenda” de Enfermos Mentais, Fogar San Rafael, Asociación “Apacaf” da Estrada, Asociación “ Amencer” de persoas con parálise cerebral, Comedor da Esperanza de Vigo, Asociación Esperanza do Val Miñor, Asociación de pais de disminuídos psíquicos “Virgen de la O”, Asociación Parkinson–Bueu, Casa Santa María de la Esperanza, Cogami, Asociación de Caridad Santiago Apóstol de Cangas, Asociciación “Afaga” de enfermos de Alzheimer de Galicia, Asociación “Amizade”, Cruz Roja Española, Fundación Igualarte, Asociación Galega San Francisco, Asociación “Aceesca” de Porriño, Asociación de Minusválidos “Amico”, Asociación de Daño Cerebral “Alento”, Asociación “Avelaíña” de Saúde Mental, Asociación de pais de persoas con minusvalía psíquica do Morrazo “Aspamsim”, etc

Algunhas das asociacións que recibiron axudas para investimento:

Asociación Galega de Formación Permanente de Adultos, Comedor Benéfico de Marín, Asociación de Maiores de Mos, Asociación de Bulimia e Anorexia de Vigo, Fundación Igualarte de Vigo, Asociación Esperanza do Salnés, Asociación de Mulleres Luz de Pontevedra, Asociación Galup de Pontevedra, Centro de Apoio Familiar “A Braña” de A Estrada, Cáritas Pontevedra, Asociación Canvihar de Vilanova de Arosa, Fundación Samaritanas de A Guarda, Comedor Benéfico de Marín, Asociación Santo Tomé de Freixeiro de Vigo, San Vicente de Paúl de Pontevedra, Cáritas Marín, Asociación Laberinto de Mogor, Asociación de Caridad Santiago Apóstol de Cangas, Residencia de Mayores San Telmo, Asilo de Cambados, Asociación Galega San Francisco de Vigo, Asociación Aspavi, Aldeas Infantiles, Asociación San Pedro de Domaio, Club de Jubilados de Cangas, Residencia de Maiores “Virgen del Camino” de Pontevedra, Pensionistas Airiño de Cangas, Asociación Galega de Linfedema de Vilagarcía, Asociación Esperanza do Val Miñor, Asociación Juvenil Asubío, Asociación Anduriña do Grove, Residencia “Divina Pastora” de Vilagarcía, Cáritas Parroquial de Aldán, SOS Marín, Cáritas Redondela, Asociación Amencer-Aspace, Residencia de Maiores Santa Marta, SOS Tomiño, Asociación Quiñones de León de Vigo, Asociación de Loita Contra a Droga “Alborada”, Cáritas Tui-Vigo, Cogami, Fundación Menela, , etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario