18 de feb. de 2012

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ELABORA UN PLAN DIRECTOR DE XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DA PROVINCIA

Louzán destacou que a riqueza patrimonial é un recurso fundamental como atractivo turístico e como valor engadido para a economía e o emprego


Vista parcial do sector Calvo, do poboado galaico - romano do Monte Santa Trega (A Guarda)

Foto: Infogauda

Unha das primeiras intervencións terá lugar no Monte de Santa Tegra -o segundo destiño turístico de Galicia máis visitado, despois da Catedral de Santiago - para dotalo de servizos e colaborar nun proxecto arqueolóxico e de instalación de Audioguías que pretende a reconstrucción virtual do sector sur do castro e do propio xacemento castrexo, tamén para discapacitados.

Infogauda / A Guarda

A Deputación de Pontevedra está a realizar un Plan Director dos Xacementos Arqueolóxicos da provincia para catalogálos e determinar o estado no que se atopan tanto os que xa foron excavados como os que precisan algunha intervención de sinalizaciónou de maior calado. O Plan Director diferenciará sete tipos de intervencións, según explicou onte en rolda de prensa o presidente da institución, Rafael Louzán.

Un equipo de técnicos, en colaboración co CSIC e Patrimonio da Xunta, está a visitar cada un dos castros da provincia para detallar qué tipo de intervención precisan e cuantificar o importe da posible actuación. A elección duns castros, ou doutros, está en función de que o personal do Museo de Pontevedra dispoña de información deles ou de que o propio Museo dispoña de restos destes xacementos

Unha das primeiras intervencións consistirá en realizar un levantamento topográfico en tres dimensións do castro e das diferentes estruturas aparecidas.Esta acción será levada a cabo por técnicos da Deputación coas diferentes ferramentas informáticas de tratamento de datos xeneradas con cargo ó proxectoPousadas.

15 castros visitables

En principio, o Plan centraráse nos 15 castros visitables da provincia que son os de: Castrolandín (Cuntis), Campo Lameiro, Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Castro de Alobre (Vilagarcía), Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada, Castro da Subida ó Cividá (Marín), Castro das Croas (Pontevedra), Monte Facho (Cangas), Castro da Punta do Muiño do Vento e Castro de Vigo (Vigo), Castro de Troña (Ponteareas), Castro de Torroso (Mos), Castro de Tui e o de Santa Tegra (A Guarda). Posteriormente, afectará a outros da provincia.

Unha das primeiras intervencións terá lugar no Monte de Santa Tegra -o segundo destiño turístico de Galicia máis visitado, despois da Catedral de Santiago - para dotalo de servizos e colaborar nun proxecto arqueolóxico e de instalación de Audioguías que pretende a reconstrucción virtual do sector sur do castro e do propio xacemento castrexo, tamén para discapacitados.

Nasúacomparencia de prensa, Louzán destacou quea Deputación quere potenciar a riqueza patrimonial da provincia de Pontevedra por .

Ningún comentario:

Publicar un comentario