14 de maio de 2011

GOIÁN

GUILLERME, EN TOMIÑO "O PP NON QUER QUE VAIADES VOTAR. SE IDES VOTAR, ELES PERDEN. E ELES PERDEN PORQUE SOMOS MÁIS"










O líder do BNG ten claro que o PP non quer que as persoas que se senten galegas e de esquerdas vaian votar o 22-M.

Na súa intervención no mítin de Tomiño, Guillerme afirmou: "O PP non quer que vaiades votar. Se ides votar, eles perden. E eles perden porque somos máis".

O portavoz nacional expresou a súa convicción de que a "maioría social" de Galiza non está co PP nin coa súa política de masivos retallamentos sociais.

"Moitas veces tendemos a pensar que somos menos, pero en realidade somos máis. Somos máis os que non queremos recortes que os que os queren. Somos máis os que non queremos privatizacións que os que as queren. Somos máis os que estamos coa economía produtiva e do emprego de calidade que coa economía da especulación e do emprego precario".
A chave desta campaña chámase Bloque Nacionalista Galego.

"Os estrategas da campaña do PP imaxinaron un paseo militar polo País adiante, mas bateron cun problema, o Bloque Nacionalista Galego. E que é o Bloque Nacionalista Galego? O BNG é a expresión política da existencia dun importantísimo sector social neste País que quere outras políticas, que defende a lingua galega e que está por que a factura da crise a paguen os que a causaron e non os que a están padecendo".

Iso é o BNG. E que é o PP?, perguntouse Guillerme. "O PP é Paro, Privatización e Negocio para os amigotes".
IGUALDADE CONTRA O MACHISMO

O portavoz nacional abriu o mítin cunha emotiva condena do asasinato machista cometido en Noia. "Estamos ante un execrábel atentado contra o dereito humano máis fundamental, o inalienábel dereito á vida", dixo.

Frente ao machismo, políticas de igualdade. As que impulsa o BNG desde os concellos nos que goberna. E as que levaron ao BNG a ser a organización política que concorre a estas eleccións que presenta máis cabezas de lista mulleres. "Como aquí en Tomiño, coa vosa alcaldesa que, por suposto, o seguirá sendo", afirmou en alusión a Sandra González.
O BNG É O MODERNO FRENTE A CASPA DA DEREITA

De Sandra Guillerme dixo que, alén de simbolizar as políticas de Igualdade, representa tamén "o moderno" frente "a caspa da dereita".

"Sandra, como alcaldesa, é a demostración de que se pode gobernar para as veciñas e os veciños e coas veciñas e os veciños. É a demostración de que co BNG a democracia participativa faise realidade, de que co BNG os gobernos municipais están ao servizo do pobo e non dos poderosos".
O 22-M O POBO ELIXIRÁ ENTRE DOUS MODELOS

Ou o modelo das políticas de dereita, que se deciden non nas institucións democráticas, senón nos despachos "dos banqueiros e dos executivos das grandes empresas, ou o modelo de política democrática e de servizo ao pobo que encarna o BNG.
SANDRA GONZÁLEZ

A candidata á reelección na alcaldía de Tomiño, Sandra González, enfatizou na súa intervención no labor feito nestes pasados catro anos fronte á total inacción á que se someteu o concello nos 24 anos de goberno do PP.

A candidata do BNG e actual alcaldesa fixo un repaso polos puntos máis importantes da xestión do nacionalismo galego como o centro de día, a recuperación da fortaleza de San Lourenzo, novos parques infantís, espazos verdes e humanizados, proxectos en favor da igualdade e de todas as parroquias do concello.

Sandra González destacou que “aínda que os concellos non teñan competencias na materia, o emprego será a nosa prioridade”, tamén destacou outros proxectos dese futuro que o BNG quer para Tomiño como o saneamento e un plan integral de obras, mais, todo isto, “ante todo, dándolle participación total ás parroquias para definir as súas prioridades”.

A alcaldesa lanzou duras críticas contra o PP ao que acusou de “mercar francotiradores para dispararlle á alcaldesa”, mais advertiu de que non conseguirán amedrentar ao BNG con mentiras.

AREAS (TUI)

"Reforzar as politicas sociais e traballar polo emprego."




"Hai tres anos o BNG, desde a conselleria de Benestar do goberno da xunta, comprometeuse a financiar nun 85% a guarderia municipal de Tui, oferta que foi rechazada polo goberno municipal, por Patricia Ricón, concelleira de Servizos Socias e Educación de Tui, nese momento, no BNG pensamos que hai que reforzar as politicas sociais cando a xente o esta a pasar mal...Podo garantizar que o BNG, cando goberna, cumpre co que promete, por que gobernamos con transparencia, por que somos honestos". Son palabras de Carme Verde Diego antonte en Areas, nunha sala chea de persoas moi interesadas polo programa de goberno do BNG, tan interesadas que o mitin rematou máis alá das once da noite, despois dun longo tempo de preguntas e respostas.


Marga Romero, numero catro da lista, aconsellou os/as asistentes ó acto: "Votade libremente e con dignidade, pensando no voso futuro e o dos vosos fillos".

O ROSAL

Mitin do BNG no Rosal


O vindeiro mércores día 18, ás 20:30h, o BNG do Rosal celebrará o Mitin central de campaña no Centro Social Polivalente.

Intervirán o candidato número dous da candidatura, Carlos Villanueva Domínguez, a deputada no Parlamento Galego, Carme Adán e o candidato á alcaldía, Alberte Alonso Pereira.

CANTABRIA

O GRUPO COPENHAGUE, DE A GUARDA, SEMIFINALISTA DE MUSICAULA, ACTÚA ESTA TARDE EN SUANCES

Compoñentes da banda Copenhague, de A Guarda


Infogauda / Suances


Este sábado 14 de maio está tendo lugar a cuarta semifinal en Suances (Cantabria), que contará coa actuación especial da Musicalité. A banda mallorquina compartirá escenario cos grupos que lograron, xunto aos centros escolares que as apoian, un posto como semifinalistas polas Zonas A e D desta II Edición de MusicAula. O Colexio-Escenario onde terá lugar o evento será o C.E.I.P. Portus Blendium, que acollerá os concertos a partir das 17h. A entrada é totalmente gratuíta.



Os grupos que protagonizarán esta tarde de concertos serán, pola Zona D, The Kamikaze Bubbles (do I.E.S. Politécnico de Estella Lizarra, Navarra), Buzón 23 (do IES Vale do Ebro, de Cascante, Navarra), 40 Grados (do I.E.S. Medina Albaida, de Zaragoza), e Hooked (do Liceo Monjardin de Pamplona, Navarra).



Pola Zona A competirán os grupos Myths About Pandas (IES Miguel Anxo González Estevez, de Carril - Villagarcía de Arousa, Pontevedra), Hey Sam! (do Colexio Santa Teresa de Jesús, de Orense), Copenhague (Col. Marcote, Vigo) e Flashback (CEIP Portus Blendium, de Suances).

A GUARDA

XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO: SEMPRE NA LEMBRANZA DOS BOS E XENEROSOS




· Seu legado literario é dunha calidade poética que difícilmente terá parangón posible.

· Compre da-los pasos, dunha vez por todas, cara a debida homenaxe institucional do concello da Guarda, que a figura humana e poética de Xosé Carlos Gómez Alfaro merece

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


Este 14 de maio de 2011 cúmprese o terceiro cabodano do prematuro pasamento do escritor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro (As Chabolas – Ribadavia, 10 de febreiro de 1949 – A Guarda, 14 de maio de 2008).
A día de hoxe os concellos de Cenlle e de Ribadavia, xa levaron a bó termo varios actos de homenaxe póstuma o escritor e poeta, tanto de xeito individual, como conxuntamente. Neste caso coa participación do Centro P.E.N. Galicia, que preside Luís González Tosar.
Na vila de A Guarda, onde o poeta residiu ó longo de máis da metade da súa existencia vital, onde desenvolveu súa labor docente e onde creou unha boa mostra do seu inigualable labor literario, e tamén onde presentou a meirande parte da súa producción poética; a Corporación Municipal, en xeral – agás algunhas excepcións -, e o grupo maioritario de goberno, en particular, aínda non deberon atopar méritos suficientes para iniciar e levar a bó termo, o correspondente expedente de honras e distincións. Expedente, que debera conlevar a proposta - e posterior acordo - de nomear Fillo Adoptivo de A Guarda, o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro.
A referida proposta ben podería redondearse instaurando un premio de poesía que leve o nome do poeta “que se identificou como guardés nacido en As Chabolas, como un fillo do Miño parido á beira do Avia a quen podemos considerar como o noso mellor poeta dos últimos tempos”.
Na moción presentada en maio de 2009, polo concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, tamén se propuña a realización dunha serie de conferencias ás que deberíase convidar a participar a aqueles académicos, autores, críticos e editores que trataron a Xosé Carlos Gómez Alfaro.
A devandita moción, que foi presentada no rexistro municipal de entradas logo de cumplirse o primeiro cabodano do pasamento do poeta X. C. Gómez Alfaro, é decir, logo de transcorrer un tempo que poderíamos considerar máis que prudencial, precisamente para que ninguén puidese argumentar nada en contra; ben puido haber sido tratada coa merecida xenerosidade, na Comisión de Asuntos Plenarios previa a sesión ordinaria do Concello Pleno. E se a presidencia da devandita Comisión hubera querido, a proposta podería ser asumida, con toda probabilidade, por tódolos grupos municipais. Coidamos que fallou á sensibilidade necesaria para que esa proposta fose refrendada, desde antes da sesión plenaria, pola meirande parte, ou – como sería desexable – pola totalidade dos grupos e concelleiros.
Que a moción fose presentada no tempo e na forma, por quen foi, debeuse precisamente, o propósito de agardar a que o grupo de goberno movese ficha. Como lamentablemente por parte do grupo maioritario non houbo ningunha iniciativa o respecto, era evidente que correspondía que alguén o fixese. Mágoa que a visión que algúns poden ter – e así o demostran –, sobor dalgúns temas, como o que nos ocupa, sexa tan cativa.


XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO, UN DOS POETAS MÁIS GRANDES DO NOSO PAÍS
Xosé Carlos Gómez Alfaro, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor – desde 1978 – de Ensino Secundario, no Colexio PP. Somascos, de A Guarda, foi un activo articulista, escritor e poeta. Colabourou en diversos medios de comunicación galegos, obtendo varios premios xornalísticos.
Súa traxectoria poética xurde en 1969, coa pubricación dunha obra en castelán – De rodillas –, pubricada en Bilbao, pola Editorial CLA.
Desde 1970 sempre escrebeu en galego.
Súa obra poética está representada nos seguintes poemarios: As labaradas da lembranza (autoedición), 1996; Matria da néboa, Edicións do Castro (Sada, A Coruña, 1997); Os ciclóns do sino, Deputación de Ourense, 1997; Alba plena do alén, Edicións Espiral Maior (A Coruña, 1997); Pasos cara á alba, 2000; Alén do lume (Edicións Espiral Maior, 2002), e O clamor da eclipse, co que obtivo o Premio de Poesía Cidade de Ourense, en 2004.
En 2005 pubricou Confíteor, poemario de temática cívico-relixiosa, na Colección Hipocampo, de Litoral das Rías.
En 2006 gaña novamente o Premio de Poesía Cidade de Ourense, co poemario Mar aberto, que foi pubricado ese mesmo ano.
Logo do seu pasamento, descobremos Altaluz, seu poemario póstumo, incruido na obra en dous tomos, Poesia galega toda, edición promovida polo Pen Club de Galicia.
O calidade literaria de Xosé Carlos Gómez Alfaro foille refrendada en boa hora, con varios e importantes premios, como: Meigas e Trasgos, Rosalía de Castro, Concello de Marin, Feliciano Rolán e Antón Tovar, entre outros.
O legado literario de Xosé Carlos Gómez Alfaro é dunha calidade poética que difícilmente terá parangón posible. Gómez Alfaro foi sen dúbida, un dos poetas máis grandes do noso país.


A GUARDA UN FITO NA XEOGRAFÍA POÉTICA ALFARIANA
Como xa afirmanos oportunamente, A Guarda, o igoal que As Chabolas, Sadurnin, Cenlle, Ribadavia, Ourense, Compostela,..., forman parte dunha saudosa xeografía alfariana.
Queda moito por decir e por facer, en lembranza de quen tanto deu pola Guarda. Endexamais esqueceremos o aporte cultural que X. C. Gómez Alfaro nos brindou nesta vila que o acolleu con agarimo, e que seguiráo apreciando por sempre. Alomenos a cidadanía, como xa quedou ben patente, tanto a traverso de varios escritos presentados no rexistro municipal de entradas do concello guardés, apoiando a proposta de decrarar á Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda, - que por certo o alcalde aínda non se dignou trasladar os propoñentes a oportuna resposta - como no acto de homenaxe póstuma o poeta, organizado pola Asociación InfoMAXE, que tivo lugar no Salón dos Espellos, do Colexio PP. Somascos, o 27 de novembro de 2009.
Confiamos en que dunha vez por todas, os vindeiros membros da Corporación Municipal do Concello da Guarda saiban estar á altura das circunstancias, e teñan a ben da-los pasos necesarios cara a homenaxe cívica que a figura humana, e a obra literaria, prosística e xornalística de Xosé Carlos Gómez Alfaro merece.


Xosé Carlos Gómez Alfaro, sempre,... sempre,... na nosa lembranza.

A GUARDA

17 DE MAIO: MOBILIZACIÓN EXPANSIVA

PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO



Prezada amiga,

Prezado amigo,


a Plataforma Queremos Galego no Baixo Miño ten o pracer de convidarte a participar no acto en defensa do galego que terá lugar este 17 de maio as 12h. co gallo do Día das Letras Galegas no Auditorio de San Bieito na Guarda.

O acto consistirá na lectura de diversos textos alusivos á nosa lingua e contaremos con actuacións musicais.

A túa participación é importante!

Agardando contar coa túa presenza recibe un cordial saúdo.


Plataforma Queremos Galego

OPINIÓN



¿Cómo sabes que ha comenzado la campaña electoral en tu pueblo?

Vas caminando con tu hija un domingo por la mañana, te diriges a comprar el pan y el diario. Te cruzas con un señor alto, vestido de traje, gafas con una montura “fashion”. Ese señor se te acerca, te da la mano y te saluda efusivamente. Acaricia la cabeza de la niña, le pregunta por el cole y se marcha sonriendo.
No sabes quién era pero al llegar a la panadería ves su foto colgada de una farola. Es un “alcaldable” que no habías visto hasta ese día, que nunca te han presentado, que no sabe quién eres, ni quiere escuchar lo que tienes que decirle.
Sales de la panadería, donde has comentado la jugada con la panadera. Ella te explicó que todos los candidatos han entrado ese día en la tienda a saludarle efusivamente. Uno de ellos llevaba fotógrafo y se ha hecho la foto mientras le daba la mano.
Entras en la papelería a comprar el diario. Hay una señora que está tapando las portadas del diario La Razón, coloca encima ejemplares de Público. No quiere que se vea la foto. Compro el diario y salgo por la puerta, justo en el momento en que otro señor desconocido, enchaquetado pero sin corbata (importante detalle), se acerca, me da la mano, me da los buenos días, acaricia la cabeza de la niña, le pregunta por el cole y se marcha.
Comienzo el camino de regreso a casa y la niña me pregunta por los dos señores que hemos saludado. Al pasar por la plaza vemos un grupo de personas regalando chocolate caliente a los ancianos que se acercan a la mesa, donde además del vaso de chocolate les dan el sobre con el voto de su partido.
Una chica se acerca y me ofrece una bolsa con globos, bolígrafos, lápices “para que juegue la niña”. Acepto el “regalo desinteresado” y al pasar por la primera papelera vacío el contenido, me quedo con los bolígrafos y tiro el resto a la basura. Ahí acaban parte de nuestros impuestos en cada campaña electoral, en la basura.
Al llegar a casa veo que en el parabrisas del coche tengo 2 hojas de publicidad electoral de partidos rivales. Toca sacarlas y tirarlas a la basura, valga la redundancia.
Dice mi hija que mañana en el cole contará a la maestra que papá conoce a muchos hombres “importantes” y que le regalan cosas por la calle. La pobre piensa que soy famoso. Cuando vuelva le explicaré que en realidad nos estaban intentando robar nuestro voto, no lo comprenderá porque es pequeña, pero poco a poco entenderá que durante la campaña electoral los políticos juegan a hacernos sentir importantes, después de votar no valemos nada.


(R)

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN SOLICITANDO Á ELIMINACIÓN DAS HORAS EXTRAS







De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:


ELIMINACIÓN DE HORAS EXTRAS


Que Vostedes menten igual que seus colegas que están ao fronte da política nacional, e da política do Estado, e conhecida por toda a cidadanía.
Estes días vemos como funcionarios do concello fan horas extras limpando rúas urbanas.
Senhor presidente: ¿Onde está a política de creación de postos de traballo que tanto cacarexa para cidadáns que están no paro?, ¿Esta é súa maneira de dicir que traballa, para mellorar a calidade de vida da nosa xuventude?. Vostede engana aos servos pero non engana aos cidadáns.


Dende Esquerda Unida solicitamos:

A eliminación de horas extras, para fomentar o traballo público. So se poderán facer horas extras en caso de forza maior.


A Guarda a 12 de maio 2011.


Asdo.: José Antonio González Morais.

A GUARDA

O CLUB CICLISTA GUARDÉS ORGANIZA NOVAS SAÍDAS OS DÍAS 15 E 17 DE MAIO