Segundo o BNG, os orzamentos do Rosal aprobados polo PP son un simple documento contable sen proxecto detrás
Mentres Cultura significa o 0,9% do orzamento, o gasto en enerxía eléctrica será do 8,9% e en persoal do 46%.
Alberte Alonso Pereira Voceiro do Grupo Municipal e Responsábel Local do BNG
Infogauda / O Rosal
Para o BNG do Rosal, os orzamentos aprobados o pasado sábado, poñen de manifesto a falta de ideas do PP para dinamizar a economía local. “Non destinan nin un só euro ao desenvolvemento local ou a promoción do comercio local. Nin tampouco destinan un só euro para investimentos”, aseguran.
Falla de investimentos
Non hai un só euro para investimentos, afirma o BNG. Dos 130.000 € que aparecen no capítulo de Investimentos Reais, 50.000 son referidos a plans plurianuais, dos que aínda faltan un par de anualidades, e dicir, apareceran tamén nos orzamentos do próximo ano e no 2014. O resto, son investimentos previstos en exercicios anteriores que non se executaron. E dicir, non hai investimentos reais novos, aseguran.
Para o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, “esta falta de fondos para investimentos, pon de manifesto, por unha banda, que houbo unha nefasta política financeira do equipo de goberno nos últimos anos, e sobre todo, na época da 'vacas gordas'. E por outra, houbo despilfarro, asumíndose gastos que agora son inasumibles, e agora mesmo hai problemas de liquidez”. Alonso Pereira, considera que estes datos mostran que o goberno municipal do PP son uns irresponsables na xestión dos cartos públicos.
Gastos
O BNG solicitou do goberno municipal, que reflexionara sobre o feito de que os gastos de persoal se eleve ata o 46% -no 2011 significaba o 43,25%- a pesar de que quedan prazas de funcionarios sen cubrir, indican.
Así mesmo din que, contrariamente ao manifestado polo PP, non existe contención no gasto, simplemente se eliminan investimentos ou báixanse as horas de atención a dependentes para poder manter o servizo.
Non aprobaron o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética do BNG
O BNG denuncia que séguese incrementando o gasto en enerxía eléctrica dun xeito brutal, máis alá das afirmacións do Alcalde de que xa se está aplicando un plan de aforro. O aumento do gasto é dun 25,38% e acada a cifra de 260.727 €.
Alonso Pereira indica que as previsións no orzamento é incrementar só en alumeado público, 34.000 euros o gasto, pasando de 116.000 do ano 2011 a 150.000 euros no 2012. (+ 29,31%).
“Este incremento é xeneralizado, salvo moi poucas excepcións, en todos os Conceptos de Enerxía Eléctrica do Capítulo 2. O gasto en enerxía eléctrica sobe un 25,38%. O cal contradí as afirmacións do alcalde e deunos moitos máis argumentos para propor o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética, que despois rexeitou o PP.
Ingresos Inflados
Para os nacionalistas, as previsións de Ingresos están inflados. Argumentan que tendo en conta os datos da Conta Xeral do 2010, a última aprobada, en concepto de impostos directos, só se recadaron 731.000 €, mentres para 2012 presupóstanse 922.000 €.
Así mesmo indican que non é críbel a previsión do incremento de preto de 12.000 euros no Imposto de Actividades Económicas (IAE), cando a cruda e triste realidade é que están pechando comercios e empresas. Ademais, engaden, curiosa e contrariamente, logo nas Taxas por apertura de establecementos, a previsión é de que baixen os ingresos. “E dicir, vanse abrir menos negocios e, desgraciadamente, outros pechan. Polo tanto, non parece lóxico recadar máis de IAE”, aclaran.
Simple documento contable
Os nacionalistas din que os Orzamentos son un simple documento contable. Indican que mostran unha clara falta de ideas do goberno e que non hai un proxecto detrás dos números. Só exercicio contable.
A carencia de ideas é palpable, pois non hai un programa para dinamizar minimamente, dentro das competencias municipais, a economía local. Así, vemos como non hai un só euro para promoción do comercio local; non hai un só euro para promoción do turismo; e o que é máis grave, non hai un programa de desenvolvemento local que facilite e apoie o inicio da actividade empresarial nos sectores mencionados, nin en ningún outro.
Por outra banda indican que vólvese sacrificar a Cultura e cualifican de irrisoria a partida para este fin, que non chega nin o 1% do orzamento. “Recórtase en máis de 3.000 € unha partida que xa de por si era ridícula”, enfatizan.
Nese sentido é lamentable que a Agrupación Musical do Rosal reciba 18.500 € anuais, e dicir, (50,68 € / día), cando só en dous días de festas se gastan 20.000.
“Non hai, en definitiva, un rumbo marcado. Non hai ideas. E isto plásmase claramente nestes orzamentos. Todo queda ao azar, sen que se trace unha liña a seguir, todo queda para a improvisación”, conclúen.

Ningún comentario:
Publicar un comentario