Un dos dúos de flautas no decurso da súa actuación
Reportaxe fotográfica: Eduardo Rodríguez Pereira
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Agrupación Musical da Guarda ven de celebrar o pasado sábado día 3 de decembro, á festividade de Santa Icía, padroeira dos músicos, con un concerto que unha vez máis – evidenciando á falla do necesario auditorio ou multiusos municipal -, tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, sendo presentado polo párroco Jesús García Villadóniga.
Debido á celebración eucarística que o precedeu, o concerto escomenzaría un pouco máis tarde da hora prevista, xa que ata que rematou a misa non se puido comezar cos preparativos – retirada de bancadas, colocación dos atrís e cadeiras – necesarios para o desenvolvemento do concerto.
Un dos cuartetos de clarinetes en plena actuación
O concerto propiamente dito comezou coa participación de grupos de cámara. En primeiro lugar, fixérono o dúo de flautas, formado por Raquel Martínez e Laura González, que interpretaron Sechs duette, de J. Joachim Quantz.
Deseguido, novamente Laura González, acompañada por Ángela Verde, interpretaron A Raíña da noite, de W. A. Mozart.
O Grupo de Metais da Agrupación Musical de A Guarda durante súa actuación
As flautas darían paso os clarinetes, actuando en primeiro lugar o cuarteto formado por Gemma Martínez, Cintia Lomba, Ana Castro e Alberto Alonso, que interpretaron Bohemian Rhapsody, de Freddy Mercury / Queen.
A continuación faríano Melissa David, Sara Márquez, Cristina Pou e Alberto Alonso, interpretando Aragonesa – Carmen Suitem, de Georges Bizet.
O concerto continuaría coa participación do Grupo de Metais, formado por:
Trompetas: Mª Rosario Conde, Víctor Alonso, Luciano Lomba e Pablo González.
Trompas: Rodrigo Lomba e Pablo Pou.
Trombóns: Fabián Lomba, Óscar Dorado e Pierre I. Meléndez.
Bombardinos: Iago Piñeiro e Brais Alonso.
Tuba: Óscar Arias.
O Grupo de Metais interpretou Sonata Die Bänkelsangerlieder (Anónimo S. XVII), e Yesterday, de P. Mcartney e J. Lennon.
Logo da labor de acomodo das cadeiras necesarias, e da correspondente presentación, fixeron súa aparición diante do respetable público as nenas e nenos - Delia Alfonso Lomba (flauta), Nerea Portela Riveiro (clarinete), María Sobrino Coello (flauta), María González Rodríguez (clarinete), Antía Verde Urgal (clarinete), Ana González Lorenzo (clarinete), Néstor Lomba Lomba (saxofón alto), Sabela González Rodríguez (trompeta) e Miguel Lomba Lomba (trombón) - que forman parte da Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda, que dirixidos polo profesor José Antonio Soutelo Muñoz, interpretaron o seguinte programa:
New World Symphony, de Antoni Dvorak
Disney´s Magic Kingdom, de J. Christensen
My Way, de Frank Sinatra.
José Antonio Soutelo Muñoz dirixiu a Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda- Suspiros de España (Pasodoble), de Antonio Álvarez Alonso.
- West Side Story (Musical), de Leonard Brnestein
- Pomba triste (Bossa nova), de Kees Vlak
- Encuentros (Pasodoble), de José Rafael Pascual Vilaplana
- Tico-Tico no fubá (Samba), de Zequinha Abreu (Arranxos: Naohiro Iwai)
O director da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda tamén informou da edición do primeiro traballo discográfico, que xa está á venda en varios establecementos de A Guarda.
Aspecto que presentaba a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda no decurso da súa actuación
Asemade queremos relembrar que a gravación do CD foi realizada no Auditorio Municipal de Goián o pasado mes de agosto baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta e contén un variado repertorio entre o que se poden escoitar pezas como La Primitiva, de Jef Penders; Virginia de Jacob de Haan, Amapola, de José Mª Lacalle (arreglos de Nahomiro Inai), Muiñeira dos Pendellos, de X. Lois Diéguez, etc...
O tempo que desexou un Bo Nadal e un próspero 2012 para todos, Víctor Luis Alonso Treinta, non deixou pasar á oportunidade de agradecerlle o público súa asistencia, e tamén que este concerto se puidese celebrar na igrexa, ainda que o que A Guarda precisa é un auditorio, oportuna reivindicación que foi acollida con entusiasmo polo respectable, e que non debera cair no esquecemento por parte dos que teñen – en diferentes ámetos das distintas Administracións (Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Goberno do Estado - a responsabilidade de dotar o pobo de A Guarda desa infraestructura cultural, cuia carencia nos sitúa, desde a desaparición do Teatro-Cine Avenida, como non nos cansaremos de decir, á cola de tódolos concellos do Baixo Miño. E iso a pesares da continuada labor cultural que con máis vontade que medios, veñen desenvolvendo moitas entidades culturais de A Guarda.
Logo do concerto de Santa Icía, os compoñentes, directivos, familiares e profesores, da Agrupación Musical de A Guarda, compartiron unha cea n´un restaurante da contorna.



Ningún comentario:
Publicar un comentario