O BNG iniciou a campaña en Tomiño cunha pegada de carteis na que participaron Sandra González e Xosé Manuel Méndez

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, número 2 ao Congreso dos Deputados e o responsábel comarcal do BNG e candidato ao Senado Xosé Manuel Méndez participaron o venres na primeira pegada de carteis en Tomiño.
Estas eleccións son consideradas no nacionalismo como transcendentes para a alternativa galega e de esquerdas que representa o Bloque Nacionalista Galego para avanzar e frear as políticas de recortes sociais e de destrución do emprego practicadas polo PSOE desde o goberno central e polo PP desde a Xunta de Galiza. É unha campaña fundamental tamén para dar máis forza a Galiza en Madrid, nun momento en que Euskadi e Catalunya incrementarán a súa presenza.
A campaña do BNG anúnciase como unha campaña de proximidade e de contacto directo coa sociedade galega. É crucial para os galegos e galegas segundo os nacionalistas, que as políticas que defenden teñan máis peso no Estado, que haxa alguén que terme dos nosos problemas en Madrid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario