8 de set. de 2025

DEPORTES

ATLETISMO

Sociedade Atlética do Trega (Tomiño): 6 participantes, 6 medallas

 En Lourenzá, na VIII Milla Popular de Lourenzá – XVI Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 km en Roteiro


Podio de Belén Bascoy Cao - 1ª clasificada na categoría Máster 40
Podio de Sergio Silva Souto - 1º clasificado - e Alba Vasconcellos Rodriguez - 3ª clasificada- na categoría Sub14
 Podio de Nadia Conejo Bascoy, 1ª clasificada en Sub12 feminina
Podio de Gabriela López Cadilla, 1ª clasificada Sub10 feminina



Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Lourenzá volveu converterse o pasado sábado nunha cita imprescindible para o atletismo galego, coa celebración da súa VIII Milla Popular e o XVI Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 km en Roteiro. 

  A Sociedade Atlética do Trega non faltou a esta cita que xa forma parte do noso calendario habitual, e unha vez máis, a viaxe mereceu a pena: seis atletas en liña de saída…, e seis medallas de regreso a casa. Un pleno que nos enche de orgullo e que reflicte o esforzo colectivo, a ilusión dos nosos deportistas e o compromiso do club. 

Categoría absoluta 

Belén Bascoy Cao 

Milla feminina – 6'09" 

1ª Máster 40 - 12ª na categoría absoluta.

Categorías menores con 1km de percorrido 

Sub14 – Alba Vasconcellos Rodríguez 

Tempo: 3'27" 

3ª clasificada 

Sub14 – Sergio Silva Souto 

Tempo: 3'03" 

1º clasificado 

Sub12 – Nadia Conejo Bascoy 

Tempo: 3'32" 

1ª clasificada 

Sub10 – Gabriela López Cadilla 

Tempo: 3'49" 

2ª clasificada 

Sub8 – Ainoa Conejo Bascoy

2ª clasificada 

 Desde a Sociedade Atlética do Trega queremos felicitar aos nosos atletas pola súa actitude e resultados, e agradecer tamén ás familias, e a todas as persoas que fan posible que sigamos gozando do camiño, carreira a carreira. 

 Seguimos crecendo, aprendendo e compartindo experiencias que nos unen dentro e fóra da pista. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario