A DEPUTACIÓN DESTINA 100.000 € A FINANCIAR OS GASTOS DERIVADOS DA PREPARACIÓN E PARTICIPACIÓN DE 29 DEPORTISTAS DA PROVINCIA NOS XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS DO ANO 2012

Infogauda / Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, informou hoxe que a entidade provincial destinará 100.000 euros ó financiamento dos gastos derivados da preparación e participación dos deportistas da provincia de Pontevedra nos xogos olímpicos e paralímpicos que se celebrarán en Londres o vindeiro ano 2012.
Recibirán este apoio “institucional e económico”, aseverou Louzán un total de 29 deportistas, 23 olímpicos e 6 paralímpicos. “Trátase dunha cantidade moi importante debido a que somos a provincia que lidera a actividade deportiva, especialmente a nivel olímpico, na comunidade Galega”, destacou Louzán.
O presidente espera que “se obteñan os mellores éxitos, se é posible repetir ou superar os resultados anteriores” e especialmente, dixo Rafael Louzán “queremos que os cativos teñan nestes deportistas un referente e un modelo a seguir” de esforzo, traballo e de valores positivos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario