BRIGADAS DA DEPUTACIÓN ACTUARON HOXE EN OITO ESTRADAS DA ZONA DE VIGO, VAL MIÑOR, BAIXO MIÑO E MONDARIZ A CAUSA DE DESTROZOS PRODUCIDOS POLAS RIADAS E O TEMPORAL
Brigadas da Deputación de Pontevedra víronse obrigadas a actuar hoxe en oito estradas provinciais da zona de Vigo, Val Miñor, Baixo Miño e Mondariz a causa dos destrozos producidos polas riadas e polo temporal nas devanditas zonas.
A incidencia de maior gravidade tivo lugar na estrada Burgueira-Vilarchán, que conecta Oia con Tomiño, onde o desbordamento do río destrozou un carril da vía e só deixa outro de paso, con dificultades. A auga derrubou barandillas, viondas de seguridade e provocou danos no firme, de tal xeito que a Deputación iniciará mañá mesmo obras para construir muros de contención.
Na estrada Sabarís-Belesar, en Baiona, desbordouse o río ó coincidir coa marea alta. Tiveron lugar inundacións de baixos e casas e as brigadas da Deputación traballan, neste intre, na limpeza da zona. Na estrada Tomiño-Sabarís, os equipos actuaron tamén por motivo das caídas de arbres e os arrastres de pedra e maleza producidos.
Tamén na subida á Virxe da Roca, na estrada Baiona-Lourenza, desprazouse un talud, tiveron que actuar as brigadas para limpiar e repoñer a zona. A Deputación terá que construir un novo muro.
Na estrada de baixada ó embarcadoiro de Oia tiveron lugar diversos arrastres de material, como arbres, pedras e outros, que foron limpiados polos servizos da Deputación. Similar incidencia tivo lugar na vía Oia-Tomiño onde os arrastres fixeron perigosa a circulación.
Finalmente, en Mondariz, as brigadas tiveron que limpar a estrada Porto Val-Barciademera de pedras e arrastres e a de Meirol ó enlace da Autovía onde as bolsa de auga produciron diversas inundacións en baixos e casas.
As oito brigadas da Deputación radícanse en Lalín, Codeseda (A Estrada) (2), Pontevedra (3), Ponteareas e Gondomar. Cada unha está composta por oito personas (un capataz, un conductor e cinco ou seis peóns, según os casos) e diversos equipos de emerxencias (camións, quitaneves, motoniveladoras, motosierras, desbrozadoras, etc.) así como de material diverso dos miniparques esistentes (sal, grava, etc.).
As saidas por emerxencias derivan de chamadas efectuadas ou ben polo teléfono 112 ou pola Garda Civil de Tráfico e teñen causas diversas como poden ser o temporal, incendios, riadas, maleza ou árbores na estrada, accidentes, retirada de animais mortos, etc., etc.
A rede de estradas de titularidade da Deputación na provincia supón máis do 50% do total de estradas na provincia. Distribúese así: comarca de Deza (293, 91 kilómetros e 57 estradas), Tabeirós-Terra de Montes (248,5 km. e 38 EP), Salnés (173 Km. e 56 EP), comarca de Vigo (238,9 km. e 56 estradas), comarca de Pontevedra ( 65 estradas 235,96 Km), A Paradanta (21 estradas 129 km), O Morrazo (29 estradas 70,5 km), O Condado (21 estradas 106,7 km), comarca de Caldas (31 estradas 123,05 km), Baixo Miño (11 estradas 64 km). Un total de 385 estradas e de 1684, 49 kilómetros de rede viaria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario