4 de ago. de 2011

A GUARDA

UN "BOTELLODRÓDOMO" EN PLENA VILA?

Infogauda / A Guarda


A verba botellodrómo aínda non figura nos diccionarios que consultamos. O que sí figura en pleno centro da edénica vila rexentada por un goberniño de maioría minoritaria, é un solar que sen pretende-lo seu propietario, está semellando ser un depósito de vidro, plástico,... e outros materiais de posible reciclado.


O estado no que se atopa ese solar, demostra unha vez máis, de xeito irrefutable, que para cobrar a fin de mes temos no concello guardés dúas adicacións totais - denomínam-as así, que queda moi ben - e dúas parciais - ídem de ídem - que nos custan bastantes milleiros de euros cada ano e visto o visto, de pouco nos valen.


Como estamos seguros que o propietario do solar non é o responsable directo desa situación, senón outras persoas que probablemente carecen de senso cívico, propomos que os membros do goberniño municipal se dirixan ó propietario para comunicarlle que persoal municipal vai proceder á retirada deses materiais. E a apartires de ahí, uns e outros deberían ter ese lugar en perfecto estado de revista. As imaxes que lles amosamos reflicten que hoxendía - e desde fai tempo - demostran todo o contrario.

Botellódromo habemus!

2 comentarios:

  1. ¡Vaya por Dios!. No haceis más que darles "disgustos" de los desgobernantes... después de la satisfacción que han tenido por el sueldo recuperado. Nunca han tenido tiempo, de observar el estado de pena que la villa, tiene por cualquier rincón que se vaya. E incluso, como ahí está la prueba, en el mismo centro de la misma. ¿No será que pretenden sea un nuevo "punto limpio?. Posiblemente dirán que el dueño no está identificado. Porque de éstos, se espera todo y más. Y es curioso que sólo actuan cuando hay denuncia o aviso, esa es una constante... y sino, observen como se han cortado las silveiras que se "mecían" sobre los viandantes en el Finca de Fínola... porque "alguien" denunció ese estado; pero se han olvidado de su interior, que a pesar de concederles el poder usarla como aparcamiento gratuitamente... la limpieza brilla por su ausencia. ¡¡Y no será por sueldo Sr. Alcalde!!.

    ResponderEliminar
  2. Felicito a os nosos gobernates por ser A GUARDA o primer Concello( Municipio)de España en ter un " BOTELLODRÓDOMO " en plena Villa.
    Una atracción turística más del Destino Europeo de Excelencia Turística: Premio EDEN 2010.
    Que avisen cando saquen a foto coa placa ou diploma que reciban por ésta iniciativa.
    Toñito o de Quisqueya.

    ResponderEliminar