4 de xuño de 2011

VILAGARCÍA DE AROUSA



CREACION DUNHA COORDINADORA SOCIAL CONTRA O ACOSO VECIÑAL

Da experiencia deste ano extenso de traballo no eido do acoso veciñal e as súas diversas manifestacións e consecuencias, as persoas e organizacións que temos participado nesta experiencia, temos constatado diversos aspectos relevantes deste negativo fenómeno social :

1º.- A gravidade, profundidade e extensión do mesmo. Este fenómeno atenta contra os dereitos a saude corporal e psicoloxica, a seguridade persoal e dos propios bens e a un minimo de calidade de vida e xenera nas victimas do mesmos situacións moi dificiles e dolorosas

2º.- O non recoñecemento dos papeis de agresor e victima e unha valoración moi amortiguada da súa existencia e a conciencia ou visión social dunha disputa entre iguais e a continua intención dos agresores de disimular a sua actuación e presentarse como victimas que reaccionan frente a unha suposta e inventada agresión previa, supón un profundo lastre na resolución e toma de medidas contra o acoso veciñal.

3º.- A constatación que este papel de agresor sirve a intereses concretos de poder e control sobre as victimas e de sacar beneficios propios e que eles son os primeiros en incumplir a legislación vixente.

4º.- O peso das costumes sociais e xeitos de relación e a carga de violencia que existe aínda hoxe en día na nosa sociedade, que sirve de cortina de fume, xustificación e “normalización” deste grave problema social.

5º.- A falla de mecanismos sociais, institucionais e xurídicos de defensa e amparo práctico frente a este problema, provocan que sexa moi difícil erradicar estas prácticas de acoso social e atopar solucións eficaces e xustas para os casos concretos que se presentan.

6º.- Que en toda esta area de problemas nas relacións humans entre veciños é necesario diferenciar o que se podría clasificar como diferencias entre veciños, modos de vida e discusión de problemas xenerados de parte e o que supón unha conducta de acoso veciñal persistente con agresores e victimas definidos, pois as vías de superación de este tipo difrente de problemas e medios a empreñar e apoios son muy diferentes. O primeiro aspecto pode ter una solución ràpida con servizos de mediación profesionais e con experiencia mentras que un acoso veciñal precisa de moitos máis intrumentos intucionais, xuridicos e sociais.

Derivado de todo o anterior e reafirmada a nosa vontade e da necesidade de erradicar este grave problema social, tamen temos concluido na necesidade de profundizar as vías fundamentais que poden servir para ir minorizando as practicas de acoso veciñal. Estas vias son :


A).- A necesidade dun traballo institucional dende os Concellos, Xunta Estado e partidos políticos de modo que existan espazos de atención e amparo as victimas e denuncia dos agresores e os servicios e profesionais necesarios.

B).- Ampliar a base do noso traballo social e abrir vias de colaboración e cooperación efectiva entre as diversas asociacións e persoas independentes sensibles a esta problemática.

C).- Reforzar o traballo de concienciación social

D).- Avanzar na area de protección, apoio e defensa das victimas e na denuncia legal e social dos agresores tanto no seu comportamento de acoso como dos beneficios derivados da posición de poder que obstentan sexa en forma de influencias, impunidade en todos os terreos sociais, urbanísticos etc.


Por todo isto consideramos básico dar este primeiro paso de constituir unha Coordinadora contra o Acoso Veciñal que sirva de lugar de encontro e de iniciativas en estas catro áreas contra esta grave problemática.


En Marzo de 2.011.

Sinaturas de Organizacións e persoas que avalan esta declaración e a formación dunha Coordinadora contra o Acoso Veciñal


Vilagarcía de Arousa



(R)

Ningún comentario:

Publicar un comentario