Nava Castro, número 2 da candidatura do PP de Ponteareas
· O presidente provincial do PP, Rafael Louzán, e o candidato popular á alcaldía, Salvador González Solla, expresaron a súa satisfacción pola decisión de Nava Castro.
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o candidato do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas expresaron esta mañá en rolda de prensa a súa satisfacción pola incorporación de Nava Castro, como número dous, á candidatura do PP en Ponteareas. Louzán agradeceu esta incorporación, xa que “esta achega será clave para acadar a maioría absoluta, unha maioría necesaria para dar estabilidade ao goberno local e formar un equipo sólido e forte”. Ademais disto, o líder popular resaltou o compromiso de Nava Castro co Partido Popular e con Ponteareas, xa que “quere traballar unha vez máis polo seu pobo”. “A diferenza doutros partidos que se presentan por separado e con 2 ou 3 programas distintos, o PP presenta a súa credenciais antes das eleccións para que os cidadáns poidan elixir libremente, e esperando gañar, non coma outros partidos que só están esperando que o PP perda”, incidiu Louzán. “Esperamos que os ponteareanos que lle dean o seu apoio maioritario ao PP, para que se forme un goberno estable e unido en Ponteareas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario