8 de abr. de 2011

OURENSE

ÚLTIMOS DÍAS PARA VER A OBRA DE FELIPE CRIADO



O domingo clausúrase no Centro Cultural da Deputación a exposición “Dende as vivencias. 2007-2010”, do pintor Felipe Criado, un dos artistas máis relevantes da plástica galega actual. Felipe Criado representa a pintura con maiúsculas. O seu nome e a súa obra, dunha longa traxectoria, avalan a súa calidade. Nesta exposición os ourensáns tiveron a oportunidade de disfrutar dunha mostra magnífica onde a realidade histórica, as formas e unha perfecta conxunción de cores conflúen nunha obra que non deixa indiferente”.

A mostra está composta de tres series: “Pompeyanas”, “Bombardeos de Santander” e “Debuxos e acuarelas”, ordenadas na sala expositiva da pranta baixa do Centro Cultural.

Felipe Criado dixo sentirse “reconfortado e moi agradecido por poder expoñer, sen dúbidas, na mellor sala de exposición de Galicia, a deste Centro Cultural; iso unido ao excelente traballo de montaxe fai que me sinta especialmente ben”, dixo na inauguración. Respecto da súa obra, Criado defínese como un anatomista artístico, onde a figura da muller ten a maior relevancia. “A muller é o eixo da vida, simboliza todos os estados da nosa existencia e por iso a miña obra ten cadencia cara á figura feminina”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario