MAGNÍFICA XORNADA DO CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS, NA 2ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM
Informa (Texto e imaxes): Rosa Fernández / Gondomar
Este domingo celebrouse en Gondomar a 2ª Copa Galega de Promoción de Slálom, na que se deron cita piragüistas de toda a Comunidade Galega. Nas competicións de “promoción” entran os deportistas máis pequenos, das categorías infantil, alevín e benxamín.
O Club Deportivo Miño-Teixugos levou a seis piragüistas e rematou con catro medallas de ouro: Brais Castro en K1 infantil, Clara González en K1 alevín, Claudia Otero en K1 infantil e Marina Ruedas en C1 infantil; e tres de prata: Andrea Padilla en K1 benxamín, Marina Ruedas en K1 infantil e Claudia Otero en C1 infantil. Na clasificación final por clubs Os Teixugos quedaron primeiros, seguidos de cerca polo Club de Piragüismo de Dumbría e no terceiro lugar os organizadores da proba, o Val Miñor de Nigrán.
Premer eiquí para acceder á galería de imaxes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario