O BNG REITERA A “FALTA DE PLANIFICACIÓN” DO GOBERNO GALEGO NO XACOBEO
A deputada Carme Adán salienta o desfase económico dalgunhas accións mentres o Camiño portugués, nalgúns tramos, resulta intransitable
Santiago de Compostela
A portavoz de turismo do BNG, Carme Adán formulou onte unha pregunta ao Goberno galego sobre o albergue provisional de Tui e as melloras do Camiño portugués. Na súa intervención, Adán explicou que a ruta do Camiño portugués, que pasa pola localidade de Tui, atopase nun estado lamentable sen embargo, o 3 de agosto de 2010 a cidade de Tui abriu un novo “albergue temporal” para mellorar a hospedaxe de peregrinos. 85.000 euros para un albergue provisional Adán engadiu que este albergue, no edificio do antigo convento de Santo Domingo, comezou a funcionar grazas á aportación da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo do Goberno galego e o Concello de Tui. O gasto estimado da posta en funcionamento deste “albergue provisional” foi de 85.000 euros destinando 60.000 para a adecuación do edificio e 25.000 para o mobiliario. A parlamentaria subliñou que tras rematar ano Xacobeo e publicarse os datos sobre as persoas aloxadas podemos deducir que se o gasto foi de 85.000 euros e os peregrinos que acudiron ao albergue 82, a administración dedicou a cada persoa aloxada 106 euros cando o aloxamento turístico na zona é substancialmente inferior. Nula planificación do Xacobeo Para Adán, está resulta ser unha nova mostra da “nula planificación” da Consellaría de Cultura e Turismo no ano Xacobeo 2010. A parlamentaria do BNG preguntou que previsións manexa o Goberno galego sobre o futuro destino do albergue no futuro e que medidas baralla para mellorar o Camiño portugués. Pola súa parte, a nova Directora Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo anunciou que o albergue será destinado a un centro de interpretación e un aula para a UNED. Adán cuestionou estas previsións e afirmou que se a idea inicial do Goberno galego era colaborar co Concello de Tui para a instalación dun centro cultural e educativo, hoxe constatamos -dixo- que “non o conseguiron” xa que as obras do albergue provisional de Tui estaban destinadas exclusivamente para o aloxamento e non para outras actividades. O Camiño portugués cheo de matogueiras e sucio A parlamentaria incidiu nas malas condicións do Camiño portugués e denunciou entre elas: falta de sinalización, suciedade, tramos polos que resulta imposible camiñar ou abundancia de matogueiras que impiden o seu tránsito. Carme Adán reiterou que o Goberno galego non planificou o Xacobeo 2010 e existen exemplos –dixo-, como a recente visita de Beito XVI cunha previsión de 200.000 persoas e que finalmente non chegaron a 20.000, a contratación de deportistas foráneos como David Meca, do que descoñecemos a cantidade do seu contrato, o silencio da Xunta sobre o impacto económico en Galiza do Xacobeo ou a falta de voluntariado en moitos concellos do Camiño de Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario