A DEPUTACIÓN APROBOU HOXE A CONTRATACIÓN DA REFORMA E AMPLIACIÓN DA CASA DE CULTURA DE TOMIÑO POR 415.000 EUROS
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa habitual xunta de goberno dos mércores, o expedente de contratación da obra de cun tipo de licitación de 415.295 euros. O traballo está incluido nas obras que o Concello de Tomiño inclueu dentro do Plan de Investimentos da Deputación (PID) a través do cal a institución provincial financia e executa un total de 500 proxectos nos distintos concellos da provincia cun investimento de 70 millóns de euros. A reforma e ampliación da Casa da Cultura de Tomiño baséase nun proxecto dos arquitectos Enrique Urdiales e Miguel Martín. A ubicación é no lugar de A Rocha, en Tomiño. O expedente hoxe aprobado prevé un prazo de 280 días e unha clasificación empresarial do grupo C, subgrupo 2, categoría C.
Ningún comentario:
Publicar un comentario