30 de mar. de 2011

PONTEVEDRA

FIGUEROA ANUNCIA A APERTURA O VINDEIRO MES DE XUÑO DUNHA OFICIÑA DE TURISMO DAS RÍAS BAIXAS NO AEROPORTO SÁ CARNEIRO DE OPORTO (PORTUGAL)



A Deputación de Pontevedra, a través do seu organismo autónomo Turismo Rías Baixas, abrirá o vindeiro mes de xuño unha Oficiña de Turismo no departamento de chegadas do aeroporto de Porto (Portugal), según informou hoxe o vicepresidente e responsable do devandito organismo, José Manuel Figueroa. A institución provincial responde así a unha vella e reiterada demanda das entidades representativas do sector do Turismo da provincia de Pontevedra que suliñan que entre o 8 e o 9% dos turistas que chegan ás Rías Baixas o fan a través do aeroporto Sáa Carneiro da cidade portuguesa. A Oficiña prestará servizos de información, asesoramento e promoción das Rías Baixas e funcionará a través dunha subvención que a Deputación concederá ás entidades representativas do sector. A asociación Asehospo (Asociación de empresas de Hostelería e turismo de Pontevedra) xa conta cunha oficiña en Porto dende fai dez anos que tamén recibe axudas da Deputación Provincial. Agora quedará unha sóla Oficiña de Turismo ó fronte da que estarán profesionais da provincia. Figueroa sinalou que as previsións para a vindeira Semana Santa rozan o 70% de ocupación hoteleira. Manifestouse ante a chegada de turismo tendo en conta a campaña que Turismo Rías Baixas veu realizando en distintas ciudades do cadrante noroeste peninsular (e que mañá terá lugar en Santander), do feito de ser o 7º destiño turístico nacional, de alta calidade, e da variada oferta turística que ofrecen as Rías Baixas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario