FELIPE CRIADO, UN DOS GRANDES DA PLASTICA GALEGA, INAUGURA HOXE NO CENTRO CULTURAL

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do catálogo e da exposición do pintor Felipe Criado, que baixo o título “Dende as vivencias 2007 / 2010” poderá verse dende hoxe ao longo dun mes no centro expositivo da Deputación.
No acto de presentación, o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán, dixo que Felipe Criado “representa a pintura con maiúsculas. O seu nome e a súa obra, dunha longa traxectoria, avalan a súa calidade, e agora os ourensáns teñen a oportunidade de disfrutar dunha exposición magnífica onde a realidade histórica, as formas e unha perfecta conxunción de cores conflúen nunha obra que non deixa indiferente”.
A mostra está composta de tres series: “Pompeyanas”, “Bombardeos de Santander” e “Debuxos e acuarelas”, espalladas pola sala expositiva da pranta baixa do Centro Cultural.
Felipe Criado dixo sentirse “reconfortado e moi agradecido por poder expoñer, sen dúbidas, na mellor sala de exposición de Galicia, a deste Centro Cultural; iso unido ao excelente traballo de montaxe fai que me sinta especialmente ben hoxe”. Respecto da súa obra, Criado defínese como un anatomista artístico, onde a figura da muller ten a maior relevancia. “A muller é o eixo da vida, simboliza todos os estados da nosa existencia e por iso a miña obra ten cadencia cara á figura feminina”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario