A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ENTREGA MOCHILAS AOS EQUIPOS CADETE E XUVENIL DA U.D. RIBERA
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O xoves 3 de marzo tivo lugar no Estadio Municipal da Mata o acto de entrega aos xogadores cadetes e xuvenís da U.D. Ribera de fútbol de cómodas, pequenas e modernas mochilas - agasallo da Deputación - a cargo do alcalde e deputado provincial, Jesús Mª Fernández Portela e do concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa.
Estiveron tamén presentes –entre outros- o adestrador dos xuvenís, Juanma Berrecoso; o preparador dos cadetes, Manuel Sobrino; o secretario do club, Manuel Iglesias Dorado, a directiva Estela Pereira Álvarez ou o delegado dos xuvenís, Kiko Fernández Dorado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario