21 de mar. de 2011

OURENSE

A FUNDACIÓN DORZÁN INICIA UN CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE PROTECCIÓN DAS PERSOAS MAIORES



A Fundación Dorzán, en colaboración co Centro Cultural da Deputación, porá en marcha un ciclo de conferencias sobre “A protección xurídica nas persoas maires”, co ánimo de axudar a aquelas persoas ou familiares cando empezan a ter limitada a súa autonomía.
A primeira conferencia será o día 24 de marzo (xoves) a cargo do Presidente da Audiencia provincial de Ourense, Fernando Alañón, quen falará da “Renda vitalicia e o contrato vitalicio en Galicia”.

Hai previstas conferencias o día 26 de abril, a cargo do Fiscal Xefe da Audiencia, Florentino Delgado; e o día 26 de maio, a cargo de Emilio Atrio, letrado e Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

Despois do verán, os día 27 de outubro e 27 de novembro haberá dúas conferencias máis, aínda por determinar.

A Fundación Dorzán é unha institución benéfico social que ten por obxectivo a axuda e asistencia ao colectivo de terceira idade, co fin de mellorala súa calidade de vida e benestar social.

Máis información: www.fundaciondorzan.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario