PACHÓN E ANDRADE TRAEN A SÚA OBRA AO CENTRO CULTURAL

O pintor Luis Pachón e o escultor Arturo Andrade inauguran esta tarde as súas exposicións no Centro Cultural da Deputación, cun traballo que nos dous casos ten á música como elemento de unión.
Pachón trae ao centro cultural as súas tradicionais acuarelas, pero trae tamén acrílicos e técnicas mixtas onde aparecen elementos matéricos cos que compón traballos que van dende o tradicional a referencias ao jazz, á paisaxe e aos instrumentos da música. Como novidade aporta gravados realizados en arxila vermella, unha técnica realizada e rexistrada polo artista.
Arturo Andrade ofrece as súas madeiras, pedras, bronces e ferros onde o autor investiga permanentemente sobre o volume e a forma empregando para elo a figura humana ou animal e a referencia á música, moi influenciada pola súa última actividade de lutier e estudiante de violín.
A exposición conxunta inaugurase ás 20:15 horas e poderá visitarse ate o día 10 de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario