A BANDA GUARDESA COPENHAGUE PARTICIPARÁ EN CANTABRIA, NAS SEMIFINAIS DE MUSICAULA
A banda guardesa Copenhague
Foto: Reyes
A localidade cántabra de Suances será a encargada de acoller o vindeiro sábado 14 de maio os concertos de semifinais das Zonas A e D desta II Edición. Dada a dificultade para atopar un centro ou poboación que cumprise cos requisitos solicitados para ser Colexio-Escenario nas provincias que conforman a Zona D do Festival, decidimos unificar as dúas semifinais, aínda que os grupos seguirán participando pola zona que lles corresponde, é dicir, que resultará seleccionado un grupo finalista pola zona A e outro pola zona D. A localización xeográfica de Suances permite levar a cabo a semifinal nun lugar intermedio para as 9 bandas semifinalistas que participarán por ambas as zonas. Con isto, pola Zona D participarán as 4 bandas xa anunciadas: Buzón 23, Hooked, 40 Grados e The Kamikaze Bubbles, sen que se engada a pertencente ao Colexio-Escenario por declararse deserto. Pola Zona A actuarán os xa anunciados Myths About Pandas, Hey Sam!, Lazy Lady e Copenhague, aos que se suma como grupo da localidade anfitrioa a banda Flashback, co CEIP Portus Blendum de Suances (Cantabria), onde tamén terán lugar os concertos. Do artista invitado e os horarios das actuacións informarémosvos nos próximos días.

Ningún comentario:
Publicar un comentario