MAGNÍFICA ACTUACIÓN DOS REMEIROS DE ROBALEIRA
Hermelindo Martínez González / Castrelo de Miño
O Club de Remo Robaleira mósstralles unha escolma das mellores imaxes da XXIII Regata de Remo Olímpico de S.M. o Rei, acontecida no encoro de Castrelo de Miño, onde os remeiros de Robaleira, Alejandro Fernández, Oscar Alonso e Jorge Rodríguez, defenderon a elástica autonómica, conseguindo subir o caixón ata en tres ocasións. Dende a directiva do Club Robaleira, dámoslles as grazas polo seu esforzo, e por poñer o nome de A Guarda no máis alto do remo nacional.
REGATA DE BATEIS XIII MEMORIAL ANTONINO TORRÓN
Para este fin de semana, recordar que a cita é o sábado día 19, ás 16:00 h. no porto de A Guarda, coa celebración da Regata de Bateis XIII Memorial Antonino Torrón, a donde acudirán coma sempre as mellores tripulacións da provincia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario