6 de feb. de 2011

OPINIÓN

A cidadanía carga con todo: Recorte das pensións, recortes da sanidade, recorte na educación, privatizacións dos servizos básicos, saqueo diario da D.G.T., limitación de liverdade colectiva e individual, reforma laboral salvaxe, etc.
Os casos de corrupción con máis sona son: Malaya, Astapa, Gürtel, Pretoria, etc.
Nº de políticos imputados por corrupción en Espanha.
Estes datos son do ano 2009.
264 PSOE
207 PP
43 Coalición Canaria
30 CiU
20 Izquierda Unida
17 Grupo Independiente (Gil)
7 Unión Mallorquina
5 Esquerda Republicana
3 Bloque Nacionalista Galego
3 PNV
67 Outros partidos locais
350 Cargos públicos


A Corrupción está instaurada en tódolos países chamados “democráticos”, en Galicia, en Espanha calquera cidadán que sepa mentir, que sexa oportunista funcional, amigo dos corruptos, banca,..., pode ser: alcalde, concelleiro, deputado e presidente.
O récord de corrupción por metro cadrado atópase en Baleares: Jaime Matas (PP) caso “Palma Arena”, a presidenta do Parlamento balear, María Antonia Munar (UM) por unha venta fraudulenta de terreos. Outro ex presidente, Gabriel Cañellas (PP), investigado pola Fiscalía en relación co concello de Andratx, e o ex alcalde deste concello mallorquín foi condeado a prisión.
Os políticos do PP e PSOE tenhen o 33% dos votos asegurados sen facer nada e apóianse en que a cidadanía non inflúe na política.
Soraya Sáenz: “La corrupción es un problema de todos que tenemos que erradicar”, pero a “tolerancia cero” é unha utopía para tódolos partidos políticos.
Os sindicatos ca súa sinatura están a favor da patronal e Goberno de turno, só se preocuparon de defender seu salario e cadeira, deixaron de ser independentes, os traballadores tenhen menos defensa ante o capital.
Preguntamos: ¿Os sindicatos son necesarios na actualidade? ¿Canto aforraría o Estado se eliminan as subvencións para todolos sindicatos?
Os ex presidentes de Espanha que tenhen manchadas súas mans en sangre: ¿Cando terán un xuízo xusto, como os terroristas de ETA?.
¿Cando teremos unha lei na que o político corrupto, ou funcionario pague con tódolos seus bens, faga traballo social e se inhabilite de por vida para calquera cargo público?
¿Cando a cidadanía terá acceso a información política e social?



Ningún comentario:

Publicar un comentario