13 de feb. de 2011

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A ACTITUDE HOSTIL E PREPOTENTE DO PRESIDENTE DO GOBERNO JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO
Esquerda Unida / A Guarda
Esquerda Unida denuncia a actitude hostil e prepotente do presidente do goberno José Luís Zapatero logo da súa resposta a unha pregunta formulada polo representante do PNV no Pleno do Congreso. A pregunta pretendía averiguar as razóns que tinha o goberno para rexeitar a petición de asilo de 17 dos 22 saharauís que arribaran ás nosas costas a inicios de xaneiro, fuxindo da persecución das autoridades de Marrocos.

Dicir que ter a condición de “saharauí” non é condición suficiente para ter asilo político en Espanha é ignorar as condicións de vida da poboación saharauí (en campamentos e con estreiteces de todo tipo que dificultan a supervivencia). É ignorar a nosa débeda histórica para co pobo saharauí. É esquecer as normas máis esenciais do que debe ser unha democracia acolledora. É, unha vez máis, facerlle o xogo a dictadura do Reino de Marrocos.

Mais non debe de abraiarnos esta carencia democrática, xa que en Francia a condición de “afgán” tampouco é reconhecida cando ese país vive nun estado de guerra permanente desde hai anos. Esta é a Europa-fortaleza, a Europa que lle dá as costas ás ideas do republicanismo cívico e hospitalario.

Así non facemos Europa, nin Alianza das Civilizacións. Así non se constrúe un mundo máis xusto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario