2 de feb. de 2011

A GUARDA


EXPOSICIÓN “UN MAR DE MULLERES” GAC RÍA DE VIGO-A GUARDA
A GUARDA, DO 31 DE XANEIRO AO 18 DE FEBREIRO DE 2011.


Confraría de Pescadores Santa Tegra / A Guarda


Desde o 31 de xaneiro ata o 18 de febreiro do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo – A Guarda, na sede da Confraría de Pescadores “Santa Tegra” da Guarda.

Ademais, o venres 18 de febreiro de 2011, terá lugar as 19:30 horas a celebración da Xornada “Un Mar de Mulleres” organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo -A Guarda (GAC 7), no salón de actos da Confraría de Pescadores da Guarda.

Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do GAC 7, coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.

Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata A Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.

Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.

O acto comezará co saúdo do Patrón Maior da Confraría, Francisco Pérez.
A continuación, a Xerente do GAC 7 , Dona Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal.
A Xerente de Espadeiros Guardeses (membro da Xunta Directiva do GAC 7), Dona Concepción Ortega, explicará como xurdiu a idea deste traballo.
Despois Dona Carmen Barbosa (Presidenta da Asociación de Redeiras Baixo Miño - Atalaia) comentará o traballo de campo realizado.
Por último proxectarase o documental “Un mar de mulleres”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario