3 de feb. de 2011

GALICIA

A XUNTA DE GALICIA ESTÁ A IMPAGAR AOS ALUMNOS QUE REALIZARON PRÁCTICAS DE CICLOS EN CENTROS DE TRABALLO



ESQUERDA UNIDA RECLAMA QUE A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN CUMPRA COA INTEGRIDADE DAS CANTIDADES PREVISTAS INICIALMENTE PARA AS PRACTICAS DA FORMACIÓN DE CICLOS EN CENTROS DE TRABALLO


O DEPARTAMENTO QUE DIRIXE XESÚS VÁZQUEZ ALIMENTA A CRISE QUE PADECEN AS FAMILIAS GALEGAS AO REDUCIR A METADE A COMPENSACIÓN ECONÓMICA


A sorpresa das persoas que realizaron prácticas de ciclos en centros de traballo foi maiúscula: en vez de recibir os 240 euros, a razón de 5 euros por xornada, tal como consta no DOG do 13 de maio de 2010, constataron que a consellaría de educación só lles ingresara 122,75 euros, i.e., a metade do previsto.

A xustificación da crise non serve neste caso, xa que, precisamente, moitas das persoas que se ven afectadas, pertencen a familias que viven inmersas na crise sistémica do capital. Privalas dun dinheiro necesario en moitos dos casos é contribuír en afondar a crise que padecen estas familias.

Moitos destes alumnos e alumnas tiveron que facer até 4 desprazamentos diarios desde o seu fogar até o centro onde realizaban as prácticas, un gasto que, de seguro, supera o 5 euros que figuraban como compensación.

Por iso, máis aló das “trampas” legais que se establecen no propio DOG para evitar o pago dos 5 euros cotiáns, desde esta secretaría de Movementos Sociais esiximos que a Consellaría de Educación rectifique e proceda a facer o ingreso íntegro das compensacións inicialmente previstas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario