24 de xan. de 2011

OURENSE

A DEPUTACIÓN PRESENTA MAÑÁ NOVA MAQUINARIA, VALORADA EN MÁIS DE 1,2 MILLÓNS



Mañá martes, 25 de xaneiro, ás 11.00 horas, no Parque de Maquinaria da Deputación de Ourense (r/ nº 5 do Polígono de San Cibrao das Viñas) terá lugar a presentación da nova maquinaria adquirida pola institución provincial para a área de Infraestruturas.
Trátase dun importante pulo pola modernización de equipamentos e maquinaria que fai a Deputación de Ourense para seguir ofrecendo os mellores servizos aos concello da provincia, e neste caso o investimento total dos seis equipos que se presentan supera o 1.200.000 euros. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e o enxeñeiro xefe da área de Infraestruturas da Deputación, Javier Bobe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario