25 de xan. de 2011

OURENSE

A DEPUTACIÓN CEDE GRATUITAMENTE UN SOLAR EN RAIRO PARA ZONA RECREATIVA



A publicación do acordo no Boletín Oficial da Provincia fixo oficial onte a cesión dun solar en Rairo que a Deputación realizou ao Concello de Ourense. A propiedade da institución provincial transfírese á entidade local para que esta poida executar alí un área recreativa para o goce dos cidadáns da zona.
O terreo cedido pola Deputación ourensana ocupa concretamente 8.093 metros cadrados de chan cualificado polo Catastro como de tipo rústico de uso agrario nunha zona coñecida como A Viña. O solar atópase entre a rúa de Rairo e o camiño do Arrodeo, moi preto de Barrio Antolín. A cesión ao Concello de Ourense foi de carácter gratuito e a partir de agora será responsabilidade do goberno municipal da capital o adecentamiento da parcela para a posterior construción do área recreativa prevista neste lugar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario