A DEPUTACIÓN ENTREGA BECAS A DEPORTISTAS

O venres 28 de xaneiro, a partir das oito da tarde, e no Centro Cultural da Deputación, coa presencia do titular do organismo provincial, José Luis Baltar, e o Vicepresidente segundo e diputado de deportes, Moisés Blanco, terá lugar a entrega das tradicionais axudas deportivas correspondentes o exercicio de 2010.
. Os deportistas beneficiarios, son os seguintes:
GRUPO PRIMEIRO: Este grupo recoñece a aqueles deportistas que tiveran ou puideran te- la consideración de olímpicos, que participen habitualmente, coa Selección Nacional Española, en probas de campionatos do mundo ou europeos, ou que pola súa especial traxectoria e prestixio, sexan merecedores de ocupar este grupo:. Luis Fernando Moro Moro – Atletismo. José Alfonso Palomanes Martínez - Atletismo. Lorena Luaces Barril – Atletismo En termos económicos a axuda que se considera oportuna, tendo en conta os antecedentes de anteriores convocatorias, ascende a 2.300 €.
GRUPO SEGUNDO: Neste grupo segundo inclúense os deportistas que participaran, con razoable éxito, en campionatos de España absolutos acadando, na maioría dos casos, finais, ou estiveran seleccionados ou preseleccionados coa Selección Española, e que manteñan unha continuidade de varios anos no seu nivel competitivo e de presenza nalgún grupo desta convocatoria:. Iria Álvarez Liz. Natación. Laura Pimentel Pérez. Natación. Daniel Pérez Morales. Ximnasia. José Manuel Ferreira Colmenero. Wu-ShuA contía da axuda anual para conceder a cada un dos deportistas deste grupo ascende a 1.400 €
GRUPO TERCEIRO: O grupo terceiro recoñece a aqueles deportistas que, figurando en postos de relevancia no ranking dos seus respectivos deportes, ou que se incorporaran á convocatoria nesta temporada, ou que pertencendo a disciplinas deportivas en expansión, aínda non acadan os méritos suficientes para figurar nos grupos anteriores:. Jorge Antonio Encinas Arnau. Tiro Olímpico. Pablo Mosquera Pérez. Tenis. Denis Galán Cambón . Atletismo. Beatriz Viteri Bouso. Atletismo. Emilia Mesa Soriano . Atletismo. Leticia Gil Pérez . Atletismo. Sandra Presas Pérez. Natación. Alfredo Ariza Soto. Halterofilia. Yael Campelo Antón. Ximnasia. Pablo Rodríguez Guede. Ciclismo. Adrián Garrido Gago . MotociclismoA contía anual da axuda para conceder a este grupo é de 1.000 € por deportista.
GRUPO AXUDAS EXTRAORDINARIAS: Este grupo constitúe o primeiro escalón para acceder ás axudas, e serve de acollida a aqueles deportistas que, pola súa xuventude, teñan un futuro prometedor, ou que practiquen disciplinas deportivas de federacións minoritarias en expansión, ou sendo bolseiros en anteriores edicións baixaran o seu rendemento deportivo, por exemplo por mor dunha lesión: . Ezequiel Gago Troitiño . Wu-Shu. Marta Núñez Rodríguez. Wu-Shu . Sara Soria Vázquez. Ximnasia. Ana Raquel Revuelta Parra. Atletismo. Carlos Revuelta Parra. Atletismo. Saúl Ordóñez Gavela. Atletismo. Luz María Domínguez Román. Atletismo. Alba Fernández Lozano. Atletismo. Ramón Borrajo Martínez . Halterofilia. Raquel Guede Estévez. Tenis. José Francisco Movilla Fernández . Billar. David Antonio Nieto Fernández . Kickboxing. Eugenia Lorenzo Estéban . Hípica (Doma clásica). Claudio Máximo Sanmartino Gómez. Hípica . (Doma Clásica). Rubén López González . Halterofilia. Carmen Martínez Alonso. Ximnasia. Aitana Leguiçano Rodríguez . Atletismo. Rocío Carbia Lojo . Atletismo. Yolanda García Sequeiros . Ximnasia. Brais Ansia López . Wu-Shu. Marcos Villar Pérez . Ciclismo. Javier Iglesias Fernández . Kickboxing. Alexandre Sola Rosales . Atletismo. Francisco José Durán Acuña . Atletismo
A contía por deportista para este grupo ascende a 550 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario