A DEPUTACIÓN ADQUIRE DOUS VEHÍCULOS HÍBRIDOS, MÁIS ECOLÓXICOS E DE MENOR CONSUMO
A Deputación de Ourense presentou hoxe os dous vehículos híbridos que ven de adquirir para a Área de Infraestruturas da institución provincial. Trátase de dous vehículos que teñen como vantaxe “un menor consumo e unha maior protección do medio ambiente, algo sobre o que vimos traballando na Deputación desde hai anos, porque cremos que a mellor herdanza que podemos deixar ás xeracións vindeiras e un medio natural protexido y ben conservado”, explicou o presidente da Deputación, José Luis Baltar, no acto de presentación.
A adquisición dos dous vehículos, por un importe de 33.700 euros, permitirá que nun prazo máximo de tres anos a compra poida estar amortizada, e tendo en conta que a vida útil media dun vehículo destas características é duns dez anos, o aforro que supón é importante.
A adquisición dos dous vehículos, por un importe de 33.700 euros, permitirá que nun prazo máximo de tres anos a compra poida estar amortizada, e tendo en conta que a vida útil media dun vehículo destas características é duns dez anos, o aforro que supón é importante.
Desde o punto de vista das prestacións, este tipo de vehículos con tecnoloxía híbrida (eléctrico + gasolina) permite o aforro de 1,5 litros por cada 100 quilómetros percorridos, e ademais posúe un sensor que permite apagar o motor nas paradas, como por exemplo ao chegar a un semáforo. Tamén dispón dun dispositivo para una condución máis ecolóxica, que impide os aceleróns bruscos coa conseguinte mellora en canto a diminución de emisións de gases contaminantes.
Os vehículos teñen una capacidade de 5 prazas cada un, motorización hibrida (motor de explosión e motor eléctrico, potencia combinada mínima de 90 CV e todas as demais características e prestacións dos vehículos convencionais. Esta aposta da Deputación de Ourense por contribuír á mellora do medio ambiente únese ás iniciativas e proxectos que ven desenvolvendo en anos anteriores. O último deles, é o proxecto CLIMATLANTIC, cuxa prioridade é a de promover o desenvolvemento sostible urbano e rexional a través das enerxías renovables. O obxectivo desta iniciativa é promover accións para a redución da pegada do CO2 e a loita fronte ó cambio climático. Neste proxecto a Deputación de Ourense participa como socio xunto con outras entidades autonómicas, rexionais e locais de 5 países (España, Portugal, Francia, Irlanda e o Reino Unido). O orzamento total do proxecto ascende a 2.070.887 euros, cun cofinaciamento do 65% do FEDER que ascende a 1.346.076,55 euros.
Nesta aposta polas enerxías limpas, a Deputación de Ourense firmou tamén un acordo co Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o cal financiou a instalación dun sistema de caldeiras de biomasa, cunha potencia total de 1.000 kW, en diferentes edificios e instalacións da Deputación de Ourense, uns de carácter administrativo e outros que prestan servizos culturais, lúdicos e deportivos aos cidadáns. O obxectivo é reducir o consumo de enerxías nestes inmobles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario