O BNG denuncia a falta de compromiso do Goberno da Xunta co porto da Guarda
“Ao Goberno da Xunta do PP, no lle interesa o Porto da Guarda, simplemente utiliza as necesidades do sector pesqueiro artesanal guardés para facer propaganda”
Na iniciativa do BNG, presentada o pasado 23 de xuño do 2010, pregúntase sobre a mellora do abrigo do Porto da Guarda e melloras na lonxa.Tamén se demanda a dotación dun surtidor de combustíbel pesqueiro, incluíndo gasolina que permita a súa consideración de combustíbel profesional, como acontece noutros portos como o da Coruña.Ao mesmo tempo, incídese nos prazos para súa realización.
Resulta sorprendente que o mesmo día de celebración da Comisión de Pesca e Marisqueo a presidencia comunique ao BNG o aprazamento da iniciativa relativa ao Porto da Guarda.É salientábel que sexa o único punto da orde do día que se apraza. Tendo en conta que o mes de xaneiro é inhábil a efectos parlamentares esta iniciativa non será debatida até o mes de febreiro.
“Ao Goberno da Xunta do PP, no lle interesa o Porto da Guarda, simplemente utiliza ás necesidades do sector pesqueiro artesanal guardés para facer propaganda”, comentou Xan Lois Lomba, Portavoz municipal do BNG.
Asemade, o BNG presentou unha Pregunta para a súa resposta escrita con data do 23 de xuño relativa ao Porto da Guarda.Segundo o Regulamento da Cámara o prazo para respostar é de 20 días.Xa pasaron máis de 6 meses e non respostaron nada.Hai polo tanto ocultación de información, vulneración do Regulamento e conculcación do dereito de acceso á información. Ante isto o BNG vai seguir insistindo.
Para o BNG, a mellora do abrigo do porto é unha obra indispensábel para que a actividade pesqueira na Guarda se poida seguir realizando con todas as garantías de seguridade para as embarcacións, sen verse obrigadas á ter que recalar noutros portos pesqueiros próximos como o de Baiona a pouco que empeore o tempo.
18 de xan. de 2011
A GUARDA
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel o aprazamento do debate da iniciativa presentada polo BNG sobre o Porto da Guarda na Comisión de Pesca e Marisqueo da Xunta de Galiza.
Publicado por
Infogauda
ás
23:41
((•)) Escucha este post
Etiquetas: A Guarda
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario