UN ANO MÁIS, PAZOLANDIA FAI FELICES AOS MÁIS NOVOS
O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, visitou esta mañá as instalacións do pazo dos deportes “Paco Paz” onde se desenvolve unha nova edición de Pazolandia, acompañado de representantes institucionais como Amadeo Rodríguez (Novacaixagalicia) ou David Ferrer (Meisa-Manzaneda).
B altar Pumar fixo especial mención á historia de Pazolandia e “aos moitos anos que leva funcionando, tratando de incluir cada ano algunha novidade para resultar cada vez máis atractiva”.
Sobre os aspectos máis positivos de Pazolandia, o Presidente da Deputación dixo que para el o máis gratificante era “ver aos rapaces da provincia, ver aos nenos dos pobos, porque na cidade aínda teñen ocasión de disfrutar destas atraccións nas festas do Corpus ou da Ponte, pero nos pobos non poden e para eles resulta un día moi especial”.
Asemade, o máximo responsable da Deputación fixo mención especial ao traballo que realiza o persoal do “Paco Paz”, encabezado polo seu xerente, Angel Cid, que “teñen un traballo tan especial e intenso nestas datas, xusto cando menos apetece traballar”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario