21 de out. de 2010

OURENSE

PRESENTACIÓN DAS ACTAS DO IV CONGRESO DO CÍSTER CELEBRADO EN OSEIRA E PORTUGAL



A Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do libro que recolle as actas do IV Congreso Internacional sobre o Císter, celebrado no Mosteiro de Oseira e en Portugal en 2009. A obra editorial, na que a Deputación colabora co patrocinio da mesma, é unha escolma de historia, arte e espiritualidade, que conforman o contido das actas do congreso, o cal tivo como tema especial “Os camiños de Santiago e a vida monástica cisterciense”.
Entre os temas recollidos nos dous volumes que comprenden as actas figuran os relatorios presentados sobre: a vida cisterciense e as peregrinacións, o Císter en Galicia e Portugal, e a importancia da vida monástica ao longo dos séculos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario