2 de out. de 2010

A GUARDA

ANABAM ACADA UN DOS MAIORES ÉXITOS NA SÚA HISTORIA, UN BO AGASALLO NESTE 25 ANIVERSARIO
"Conseguimos que a Bolboreta dos érbedos (Charaxes jasius) forme parte da biodiversidade guardesa", salientou Agustín Ferreira Lorenzo, presidente de ANABAM

Charaxes jasius (bolboreta dos érbedos) unha das máis grandes e fermosas bolboretas do Baixo Miño)
Fotografía: Luís Dorado Senra
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

A bolboreta dos érbedos estaba localizada unicamente no Niño do Corvo (O Rosal) e temos referencias confirmadas polo experto Suso Requejo da súa existencia noutro punto de Tui: no Monte Aloia. Parece ser, dato aínda sen confirmar, que é posible tamén que estea presente no viveiro de Areas. A presenza da existencia desta bolboreta no Baixo Miño non se coñeceo ata o ano 2006, no que un colaborador de ANABAM, o entomólogo Javier Blanco, biólogo vigués, non a descubrira casualmente nunha visita a esta zona no mes de setembro dese ano. Outro entomógo, Suso Requejo e o presidente de ANABAM, Agustín Ferreira, descubrirían un ano máis tarde (2007) postas desta bolboreta no Niño do Corvo, confirmando así que esta área era o lugar de reprodución da mencionada bolboreta. No mes de xuño de 2009, os membros de ANABAM, Manuel A. Pombal (Vicepresidente desta asociación e profesor universitario e investigador) e Agustín Ferreira, descubrían tamén no Niño do Corvo postas e eirugas desta bolboreta, confirmando así que no mes de xuño tamén se reproduce esta bolboreta na zona (por outra banda o habitual na especie), dato que aínda non tiñamos.
No mes de setembro do ano 2008, capturamos no Niño do Corvo varios exemplares adultos que soltamos de seguido na parcela de érbedos creada por ANABAM. No 2009 procedemos ao traslado de eirugas tamén dende o Niño do Corvo ao erbedal.

Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario