A DEPUTACIÓN DEBATIRÁ UNHA MOCIÓN PROPOSTA POLO GRUPO DE GOBERNO PARA QUE SE INVESTIGUEN AS CAUSAS DOS INCENDIOS FORESTAIS DESTE VERÁN E SE ACTÚE SOBRE AS ZONAS QUEIMADAS
O pleno que mañá celebra a Deputación Provincial de Ourense debaterá unha moción presentada polo grupo do Partido Popular relativa a analizar o grave problema medioambiental que padeceu este verán a nosa provincia coa vaga de incendios forestais que afectaron principalmente aos Lugares de Interese Comunitario (LIC) como o Macizo Central, o Canón do Sil, Pena Trevinca e a Serra do Xurés.
En concreto, a moción propón que se adoite un acordo para analizar as posibles causas que poden estar detrás desta forte actividade incendiaria que, ademais de producir importantes danos medioambientais, producen un gran custo económico nas operacións de extinción, e un risco para as vidas dos brigadistas e dos habitantes dos núcleos rurais.
En concreto, a moción propón que se adoite un acordo para analizar as posibles causas que poden estar detrás desta forte actividade incendiaria que, ademais de producir importantes danos medioambientais, producen un gran custo económico nas operacións de extinción, e un risco para as vidas dos brigadistas e dos habitantes dos núcleos rurais.
Presentada polo voceiro popular, Plácido Alvarez, Tamén se solicita que se identifiquen con exactitude as áreas queimadas dentro dos LICs da Rede Natura da provincia de Ourense no que vai de ano, indicando a superficie afectada en cada incendio e as parroquias e concellos afectados, así como analizar as actuacións a desenvolver para que se dificulte a actividade incendiaria e se facilite a actuación dos medios de extinción.
A moción contempla que se poñan en marcha mecanismos que garantan o aproveitamento gandeiro sostible, integrando os usos adecuados ao territorio, que permitan a súa posta en valor, garantindo a erradicación do lume.
Explica a moción que a actividade incendiaria deste pasado verán foi moi elevada no Macizo Central. Dous grandes lumes afectaron á parroquia de Camba, en Laza, e á de Requeixo, en Chandrexa de Queixa, lumes que queimaron ao redor de 2.000 hectáreas. Esta cifra elévase a 3.000 hectáreas se se teñen en conta todos os lumes rexistrados no Macizo Central, que foron atendido polo operativo de extinción da Xunta de Galicia.
Os datos medios do período 2000-2009 reflicte que nos concellos de Laza, Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso, Manzaneda, Pobra de Trives e Montederramo producíronse 388 lumes anuais, cunha superficie media anual queimada de 1.191 hectáreas.
A destrución de miles de hectáreas nunha zoa protexida –co que conleva de afectación á flora, fauna e medio ambiente- causará graves danos á capa vexetal e ao empobrecemento do chan debido ás choivas e a erosión.
Por elo, a moción considera necesario levar a cabo unha labor integral de recuperación das zonas afectadas polo lume e analizar as causas dos mesmos para evitar no futuro que este grave dano ecolóxico se siga a producir na nosa provincia de Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario