5 de set. de 2010

OPINIÓN

O TEU POBO
A Guarda un pobo esquecido polos “gobernantes” actuais, só se preocupan de facer campaña para seguir no poder, favorecer a seus amigos e querer impresionar a os forasteiros que se achegan ata a A Guarda, de presumir que o “goberno” fai cousas útiles.
A realidade e moi distinta. Un paseo marítimo, ou senda litoral, que estrangulou A Guarda co visto bó de tódolos partidos políticos e organizacións caza subvención como Anaban, (Presumen de ser os únicos en por alegacións, non os vin dar a cara ante as máquinas cando estaban traballando. A verdade é que algún deixaría de ser agradecido da casa).
Circunvalación a Camposancos sen realizar. A estrada dende o cemiterio de A Guarda ata Camposancos é moi perigosa, así como dende as Torres ata a Katanga. A cidadanía de Camposancos demanda esta mellora. (E o presidente do Concello vive en Camposancos, a verdade é que non se enteira de nada, o “do patrol” o ten acoquinado).



Empedrado de camiños ca parte rugosa e cortante hacia arriba, para que se ún cae deixe o pelexo na rúa, e cando chove se andas polo liso, a auga chégate ata os tornecelos. (Camiño do Couto,...etc).


Rúas sen pintar exemplo: R/Rosalía de Castro, R/do Porto,...etc.



Semáforos sen funcionar: A Sangriña.



Estación de autobuses da Sangriña paralizada. (Autobuses e taxis no centro de A Guarda).

Contenedores de lixo sen recoller nos fins de semana.



Praias sen limpar como a do Codesal. Peiraos do Codesal e Armona sen arranxar.




A verdade e que o “goberno” ten moita sorte, porque a oposición na Guarda non existe. O “jalejiño” esta moi contento, e quere formar parte do novo “goberno”, así o Presidente do concello terá “jaiteiro real”.

A Guarda 09/2010
Asinado: O MINHOTO

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Camposino1 dixo:
Tes moitísima razón. A ver, se os do concello, fan caso algunha vez.
TOÑITO URIS dixo:
As fotos o dín todo. Eu como colaborador de Stop Accidentes levo un bo tempo denunciando o de Semáforo da Sangriña. E tamen apolléite a tí no que pasa da Carreteira da Circunvalación. Oxalá non teña que pasar algunha desgracia grave pra que logo comenzen a solucionar os problemas que alguns veciños estamos denunciando. Tes todo o meu apoio.
Anónimo dixo:
MINHOTO no sexas tan duro con o teu veciño, de momento non ten tempo pra contemplar as fotos, e faerte caso, que muito o dudo, xa que con o que ten que resolver esta semana xa lle chega. Iso sí seguro que o ideólogo e os lambons do partido que agora están caladiños dirán que non e culpa súa o que vai pasar. As promesas electorais vánse desmoronando e seguirán outras máis por o mesmo camiño. Di un refrán que cando as barbas do teu veciño vexas cortar, pon as túas a remollar. E non falla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario